Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

31-03-2014

O alumnado dos talleres de activación mental celebran o fin de curso

O alumnado dos Talleres de activación mental e adestramento da memoria que o Concello de Vimianzo oragniza polas diferentes parroquias reuníronse o sábado nun xantar conxunto no que estiveron a psicóloga municipal, encargada de impartir os talleres, Mª José Pose; o Alcalde, Manuel Antelo; e a concelleira de Benestar, Mª Xosé Ramos.

Nestes talleres participan 120 persoas das parroquias de Bamiro, Berdoias, Cambeda, Carnés, Cereixo, Salto e Vimianzo, dentro do programa de Envellecemento activo que desde a Área de Benestar Social se desenvolve en colaboración coa Deputación da Coruña.

Nestas clases desenvólvense capacidades de memoria, orientación témporo-persoal, atención e concentración, linguaxe, razoamento, pensamento abstracto, cálculo, praxias, comprensión lectora e escritura, etc.

No xantar os presentes recibiron os diplomas de man do Alcalde e da Concelleira e compartiron unha agradable xornada, con risas, cantareas, e con sorpresa incluída para a maior das alumnas dos talleres, María Lavandeira, da parroquia de Salto, que aos seus 93 anos participa activamente nas actividades municipais, que recibiu de mans do alcalde o premio ao Envellecemento activo.

Pero a xornada non empezaba aquí senón que antes de reunírense para o xantar, participaban nunha charla sobre seguridade vial na Casa da Cultura, onde recibían consellos da man da policía local en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, sore as normas e consello spara camiñar con seguridade.

Os talleres de activación mental rematan por este curso, aínda que volverán realizarse como vén sendo habitual, intentando que sexan cada vez máis as parroquias que se adhiran a esta actividade en vinderias edicións

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico Páxina web das familias galegas Quérote
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X