Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

03-03-2015

En marcha a nova edición de Andainas Coñece a Costa da Morte

Coñece a Costa da Morte 2015

Logo do éxito das Andainas conxuntas organizadas o ano pasado por oito concellos da Costa da Morte, cunha exitosa participación de preto de 300 persoas nalgunha das rutas, xa temos aquí a nova programación. Serán un total de oito rutas, unha por concello, que comezarán o 14 de marzo en Cee e rematarán o 30 de maio en Ponteceso. Todas elas serán os sábados pola mañá, en horario de 10 a 15 horas. As andainas están pensadas para que se poidan realizar en familia, deste xeito pódese inscribir nelas nenos e nenas a partir dos 7 anos, tendo en conta que os percorridos varían entre os 10 e os 15 quilómetros. A actividade e gratuíta e os interesados deberán realizar a inscrición no concello ao que pertencen. No caso de non pertencer a ningún dos concellos organizadores escollerá o que prefira para realizar a inscrición. os concellos poñerán un autobús para realizar o desprazamento ata o punto de partida das rutas, sempre e cando se superen as 15 inscrcións.
Para facer as inscricións podedes enviar un email a deportes@vimianzo.gal, indicando a ruta na que queredes participar xunto cos vosos datos (nome e apelidos, DNI, data de nacemento, poboación e teléfono de contacto)
As rutas programadas son as seguintes:
  • 14 de marzo Cee, Coñece camiños: circular
  • 28 de marzo Muxía, Ruta dos muíños: circular
  • 11 de abril Vimianzo, Os Penedos: moito máis que pedras: lineal
  • 18 de abril Camariñas, Coñece camiños: lineal
  • 2 de maio Dumbría, Chans das lagoas: lineal
  • 9 de maio Fisterra, Entre prados do fin da Terra: lineal
  • 16 de maio Corcubión, A vila antiga e o camiño dos Salseiros: circular
  • 30 de maio Ponteceso, Mar de Niñóns: circular

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X