Concello de Vimianzo
27 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Convocatorias

18-03-2014

Axudas de 360 € - 2014

PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE 3 ANOS 2014

Normativa: Orde do 11 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2014. (DOG nº 2 do 17/03/2014)

Obxecto: Establecer as bases e convocatoria para a concesión da prestación familiar por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2014.

Persoas beneficiarias:

  • Persoas que teñan ao seu cargo fillos menores de 3 anos na data de 1 de xaneiro de 2014 (nacidos entre o 2.1.2011 e o 1.1.2014, incluídos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2012 nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do IRPF.
    No caso de fillos/as adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2012 e o 31 de decembro de 2013, a prestación poderase conceder durante os tres anos posteriores á data da inscrición no Rexistro Civil ou, cando esta non sexa necesaria, a partir da data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.
  • Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio, o pai/nai que teña a custodia dos fillos, de acordo co establecido no convenio regulador ou senteza de separación ou divorcio.
  • Os estranxeiros que residan en Galicia, sempre que cumpran as condicións da Lei Orgánica 4/2000 de 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social (BOE número 10, do 12/01/2000) e os requisitos establecidos na presente norma e tiveran a condición de contribuíntes para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto da renda das persoas físicas.

      Quedan excluídos os proxenitores privados da patria potestade dos seus fillos ou aqueles que teñan fillis e fillas cuxa tutela ou garda fora asumida por unha institución pública.

      Requisitos:

      • Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual na Comunidade Autónoma galega.
      • Que na data da solicitude os nenos convivan coa persoa solicitante.
      • Que por razón dos ingresos obtidos durante o 2012, nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración do IRPF correspondente a ese período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.

      Contía da axuda:

      Pagamento único de 360 € por cada fillos menores que a persoa solicitante teña ao seu cargo, sen que o mesmo fillo poida dar lugar a máis dunha prestación.

      Documentación:

      • Solicitude e anexos | Presentación electrónica na sede
      • Fotocopia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada un dos fillos/as menores de 3 anos.
      • Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.
      • Copia da sentencia de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.
      • Nos supostos de adopción ou acollemento, copia da resolución xudicial ou administrativa que a declare (só no suposto de que a formalización se realizase noutra comunidade autónoma).
      • Autorización do cónxuxe ou parella para obter da AEAT e da Consellería de Facenda os seus datos de carácter tributario.(anexo II)

      Se a persoa solicitante recibira a prestación familiar por fillo menor a cargo no ano 2013 e non ten solicitadas nin concedidas outras axudas por este mesmo concepto, só terá que presentar a solicitude, sempre e cando non se modificaran as circunstancias persoais, xurídicas e económicas determinantes do dereito á prestación.

      As solicitudes que se presenten eliminando delas algún do proxenitores que figuraba o ano anterior, deberán estar acompañadas da xustificación documental:

      • En caso de separación, copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, de ser o caso.
      • No caso de parellas de feito, certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar, que poderá substituírse por un informe dos servizos sociais do concello.
      • En caso de falecemento, certificado de defunción ou copia da folla do libro de familia onde figure esta circunstancia.

      Lugar de presentación:

      • Xefaturas Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar
      • Nos lugares dispostos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 e novembro.
      • Por vía electrónica: O formulario da solicitude (anexo I)  e as declaracións responsables necesarias (anexo II e III), estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, para a súa tramitación electrónica completa. Así como o anexo IV (modelo de autorización para verificación do DNI e consulta de datos do cónxuxe ou parella do solicitante). Para a presentación na sede electrónica admitirase o DNI electrónico ou calquera outro sistema de sinatura electrónica aceptado pola sede da persoa solicitante ou representante legal. Para a presentación por esta vía, a persoa solicitante deberá presentar copia dixitalizada dos documentos necesarios

        Prazo de presentación:

        40 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da orde. Ata o 26 de abril de 2014.

        Para máis información poden dirixirse a Área de Benestar Social do concello

        Descargas

        Cita previa
        Sede Electrónica
        Pagos en liña
        Directorio Empresarial
        Escoitámoste
        Liña directa co alcalde
        Axenda
        - 2024 +
        - abril +
        L
        M
        M
        X
        V
        S
        D
         
         
         
         
         

        Perfil de contratante
        Boletíns
        SEA- Suelo Empresarial del Atlántico Páxina web das familias galegas Quérote
        COOKIES
        Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X