Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

05-03-2014

"XIII Xantar dos nosos maiores" e actividades 2014 para os maiores.

Dende o Concello de Vimianzo xa estamos a traballar na preparación da XIII edición do Xantar dos nosos maiores que como xa é tradición se celebra o último sábado do mes de abril. 26 de abril de 2014.

A intención é compartir unha xornada fermosa con todas as persoas maiores de 60 anos, ou que os vaian cumprir durante este ano 2014. É unha xornada pensada para a fraternización entre veciños e veciñas das diferentes parroquias do concello, cun programa moi variado que incluirá actuacións musicais, regueifas, sorteos e outras variedades. O acto central da xornada será un xantar comunitario, compartindo mesa, mantel e conversa.

Para asistir a esta xornada é imprescindible recoller no concello a INVITACIÓN. A data límite para recollela é o martes 22 de abril, este incluído, ou no momento que se esgoten as 1.000 invitacións que haberá dispoñibles.

Para recoller a invitación é imprescindible achegar o DNI e a carta de invitación enviada polo concello.

A participación nesta xornada será totalmente gratuíta para todos os asistentes.

 

ACTIVIDADES para os maiores 2014

Con esta nova, aproveitamos tamén para informalo/a doutras accións e actividades para maiores que se levan a cabo durante o ano desde o concello e que espero sexan de interese

A continuación relaciónanse unha serie de actividades nas que se pode participar:

 Viaxes previstas para este ano 2014: Como vén sendo habitual ao longo destes anos, o Concello de Vimianzo está a traballar na preparación de dúas viaxes para que poidan gozar duns días de ocio e de lecer e ao mesmo tempo coñecer outros lugares e paraxes da nosa xeografía e incluso este ano como novidade doutros países. 

 1ª viaxe: Xornadas de Balneario e SPA no “Hotel Carlos I de Sanxenxo” e visita ás Rías Baixas.

Duración: 3 días

Destinatarios: veciños e veciñas de Vimianzo maiores de 60 anos

Datas: 28, 29 e 30 de maio (dende mércores ata o venres)

Actividades:

-  Viaxe ás Rías Baixas, concretamente á vila de Sanxenxo, para gozar de 3 días de balneario e SPA con aloxamento en pensión completa nun dos máis prestixiosos hoteis desta fermosa localidade.

-  Paseo en barco dende o Grove.

-  Degustación da exquisita gastronomía da zona

-  Disfrute dos fermosos paseos e praias da localidade

-  Baile, ...

Inscrición: a partir do martes 29 de abril de 2014, na Área de Benestar Social.

2ª viaxe: Cruceiro (A Coruña – Málaga)

Duración: 7 días

Destinatarios: veciños e veciñas de Vimianzo maiores de 55 anos

Datas: Dende o 21 ata o 27 de setembro de 2014.

Lugares a visitar:

-  Saída dende o porto da Coruña, visitando as cidades de Lisboa (Portugal), Casablanca (Marrocos), Xibraltar, con desembarco no porto de Málaga.

-  Viaxe de volta á casa dende Málaga en autocar con aloxamento na cidade de Segovia para durmir.

Inscrición: a partir do luns 12 de maio de 2014, na Área de Benestar Social.

Importante: é requisito obrigatorio dispoñer de pasaporte en vigor para participar nesta viaxe. Daremos a opción de facer o pago desta excursión en varios prazos.

Para poder levar a cabo a organización desta viaxe en cruceiro é imprescindible acadar un mínimo de 90 participantes. No caso de non xuntar este número de persoas, dende o concello traballaremos na organización doutra viaxe de similares características pero sen cruceiro.

 Baile Social: Esta actividade celébrase dende o primeiro domingo de outubro ata o último domingo de xuño no “Restaurante Pastoriza” de Vimianzo dende as 19:00 ás 22:00 horas.

Outras actividades: talleres de memoria, actividade física para maiores, programas de Termalismo Social do IMSERSO e da Xunta de Galicia, Programa de Vacacións do IMSERSO...

 Para obter máis información acerca de todas estas actividades non dubiden en dirixirse a Área de Benestar Social do concello.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico Páxina web das familias galegas Quérote
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X