Concello de Vimianzo
24 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Convocatorias

04-03-2014

AXUDAS EXTRAORDINARIAS A EMIGRANTES GALEGOS/AS RETORNADOS/AS 2014. Secretaría Xeral de Emigración (Xunta de Galicia)

Axudas extraordinarias a emigrantes galegos/as retornados/as (S.X. Emigración)

Normativa:

Resolución do 12 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.(DOG nº 34 do 19/02/1013)

    Obxecto:

    Concesión de axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas aos/ás emigrantes galegos/as retornados/as e aos seus familiares, para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia.

    Beneficiarios:

    1. As persoas galegas e nacidas en Galicia que residindo fóra de España retornen á Comunidade Autónoma galega.
    2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas relacionadas na letra a) con residencia no estranxeiro que residindo fóra de España se establezan na Comunidade Autónoma de Galicia.
      Terá a condición de parella de feito a que figure inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia regulado polo Decreto 248/2007, do 20 de decembro.

    As persoas beneficiarias deberán ter a nacionalidade española antes do retorno e ter a súa residencia actual en Galicia.

    Requisitos:

    1. Ter residido legalmente no estranxeiro un mínimo de 3 anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data do seu retorno a España.
    2. Non ter transcorrido máis de 1 ano entre a data do seu retorno a España e a data da publicación da resolución(19/02/2014).
    3. Estar empadroado e ter residencia nun concello da C.A. de Galicia.
    4. Carecer de rendas ou ingresos suficientes, computándose como tales todo tipo de rendas, mesmo as axudas, públicas ou privadas, de natureza semellante as previstas nesta resolución. Entenderase como rendas ou ingresos suficientes os que non superen o IPREM, e relativos á renda per cápita da unidade familiar.
      Enténdese por unidade familiar a integrada polo/a solicitante e o seu cónxuxe ou parella de feito, non separado legalmente ou de feito e, de ser o caso, os fillos, fillas e parentes por consanguinidade ou adopción ata o segundo grao en liña ascendente e descendente do/da solicitante, así como os seus cónxuxes, ou parellas de feito, non separados legalmente ou de feito, sempre que convivan co solicitante.
    5. Carecer de bens mobles e/ou inmobles cuxo valor supere o límite de 15.000 € máis 5.000 € adicional por cada membro da unidade familiar.

    Quedan excluídos das axudas desta convocatoria os beneficiarios de anteriores convocatorias e os solicitantes que teñan bens patrimoniais (mobles e/ou inmobles) cuxo valor supere o límite de 15.000 € máis 5.000 € adicional por cada membro da unidade familiar.

    Axudas:

    As axudas teñen carácter persoal e son de pagamento único, establecéndose do seguinte xeito:

    a. Contía variable en función da puntuación obtida segundo os criterios establecidos ao efecto (art. 5), fixando un valor en euros por unidade de puntuación, o que determinará a contía da axuda. Increméntase, a partir de 5 puntos, o valor asignado á unidade de puntuación, do seguinte xeito:

    • Persoas que obteñan de 1 a 5 puntos inclusive: 250€.
    • Persoas que obteñan 6 ou máis puntos: 350 €.

     

    Documentación (orixinal ou copia compulsada):

    • Solicitude
    • Copia compulsada do DNI ou pasaporte en vigor do solicitante
    • Documentos xustificativos da condición de galego, así como documentación que xustifique o parentesco ou vínculo co solicitante
    • Libro de familia do solicitante ou, nos eu defecto, certificado de matrimonio ou certificación do Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. No caso de separación legal ou divorcio, sentenza xudicial firme ou certificación rexistral.
    • Certificación municipal emitida con posterioridade á data de entrada en vigor da resolución que acredite a alta do solicitante no padrón do concello galego onte teña fixada a súa residencia e a convivencia dos membros da unidade familiar.
    • Certificado de emigrante retornado, expedido pola área ou dependencia de Traballo e Asuntos Sociais das delegacións ou subdelegacións do Goberno, no que consten, entre outros extremos, o tempo traballado no exterior e a data de retorno a España.
    • Certificación de vida laboral expedida pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social, se é o caso.
    • Certificación ou xustificante acreditativo dos ingresos económicos e rendas de calquera tipo do/a solicitante e da súa unidade familiar.
    • Documentación acreditativa do valor dos bens, mobles ou inmobles da unidade familiar, a excepción da vivenda habitual.
    • Informe médico actualizado expedido polos servizos públicos de saúde españois, no caso de alegar enfermidade grave ou moi grave.
    • Certificado expedido polo órgano competente en España que acredite o grao de discapacidade, no caso de alegar tal circunstancia. Non terán que presentar esta documentación cando o solicitante autorice a Secretaría Xeral da Emigración a verificar o dato do grao de discapacidade, sempre e cando fose recoñecido pola Xunta de Galicia.
    • No caso de alegar ser vítima de violencia de xénero, deberá acreditar tal situación por calquera das seguintes formas:
      1. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia autenticada pola secretaria ou polo secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.
      2. Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na lei.
      3. Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.
      4. Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.
      5. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
      6. Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social.
    • Cando os documentos achegados estean nun idioma distinto ao galego ou castelán, deberán presentar tradución deles para calquera destes idiomas.

    A Secretaría Xeral da Emigración poderá solicitar dos servizos sociais comunitarios do concello onde teña fixada a residencia o/a solicitante, a emisión dun informe social en que se reflicta a súa situación familiar, sociolaboral e económica co fin de ter un maior e adecuado coñecemento das devanditas situacións. Tamén poderá remitirse o informe social xunto co resto da documentación necesaria para a valoración, sen mediar solicitude previa da secretaría xeral.

      Lugar de presentación:

      Prazo de presentación:

      Ata o 30 de setembro de 2014

      Teléfono de Información:  

      Servizo de Información e Tramitación de Subvencións: Tel. 981 547 271

      Para obter máis información poden dirixirse a Área de Benestar Social do concello.

        Descargas

        Cita previa
        Sede Electrónica
        Pagos en liña
        Directorio Empresarial
        Escoitámoste
        Liña directa co alcalde
        Axenda
        - 2024 +
        - abril +
        L
        M
        M
        X
        V
        S
        D
         
         
         
         
         

        Perfil de contratante
        Boletíns
        SEA- Suelo Empresarial del Atlántico Páxina web das familias galegas Quérote
        COOKIES
        Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X