Concello de Vimianzo
6 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

03-03-2014

O tempo deu unha tregua para a festa do Entroido de Vimianzo

Unha tarde que ameazaba con non deixar festexar o entroido en condicións, deu unha boa tregua para que as rúas de Vimianzo puidesen gozar da vistosidade dos disfraces. Un animado pasarrúas saía da Praza do Concello a media tarde coa música da Charanga Escándalo que competía cos carnavaleiros tambores da comparsa Trubisquiña que resoaban en toda a vila, e cos chupinazos dun grupo de mozos e mozas que celebraba os San Fermíns. A chuvia deu unha tregua ao que parecía que sería unha tarde pasada por auga, mais a festa posterior trasladouse ao pavillón municipal. Á espera do barco da Comparsa Dancetekas, que se fixo de rogar, os nenos divertíanse nos hinchables e os espectadores probaban as filloas que as Amas de Casa estaban facendo "in situ". O xurado, composto por Alicia Camiño, de Radio Nordés, José Manuel Ramos, de El Correo Gallego, e Ubaldo Cerqueiro, de quepasanacosta, ocupaban os seus sitios no escenario para presenciar o concurso de disfraces, aínda que xa traian as súas anotacións do pasarrúas, xa que a valoración englobaba as dúas cousas. O mestre de cerimonias, Míchel Antelo, daba comezo ao concurso coas actuacións dos grupos. Os primeiros en participar foron os Labregos do século XX, da Asociación de Veciños de Berdoias, que se atreveron cunha pequena representación teatral enriba do escenario, onde ante o cacique os labregos ían pagando os seus foros, con divertidas coplas e rimas, que lles valeron para que o xurado lles outorgase o premio á mellor comparsa local. Unhas doces rapeiras vestidas de "Emanems" tomaron o relevo no concurso cantándolle unhas coplas aos presentes a ritmo de rap. A continuación un grupo de Natación sincronizada que desde Baíñas chegará directamente ás olimpíadas, onde a medalla á diversión téñena ben asegurada. levantaron grandes aplausos e risas cunha divertida coreografía ao ritmo do Ondiñas veñen e van, alzándose co premio ao mellor grupo do concurso. E da piscina pasamos ao mar co grupo "Para mariñeiros nós" un grupo de Caxadas que tivo unha xornada de pesca no mar de Vimianzo cun resultado exitoso de captura de peixe xigante. E remataron o apartado dos grupos os Pitufiños de Treos que puxeron a nota infantil á xornada con trasnadas de Gargamel incluídas.
O mestre de cerimonias daba paso á actuación das dúas comparsas. Os primeiros en encher a pista do pavillón foron Mareas misteriosas, da comparsa Dancetekas, que, cos impresionantes barcos varados fóra do pavillón, fixeron unha mostra da coreografía que acompaña o desfile con loita pirata incluída, cuns logradísimos traxes e un moi ensaiado baile. E poñendo a nota de cor ao entroido a Comparsa Trubisquiñas, que nesta ocasión viñeron Movendo ficha, con parchís, xadrez e cubos de rubik, todo acompañado dun animado ritmo de tambor, moi acorde á escola de música que pertencen. As Trubisquiñas recibiron o premio á mellor comparsa local, mentres que as Dancetekas foron as gañadoras do premio á mellor comparsa.
O xurado tiña que escoller finalmente os disfraces individuais que desfilaron polo pavillón ante a vista do xurado e dos espectadores. Na categoría adulta o logradísimo Capitán Babosa deixou por un momento o barco pirata para facerse cun moi merecido premio. E no apartado infantil os triunfadores foron unha barra de pegamento, unha astronauta e unha moi traballada dama de cartón. 
Unha animada tarde entroideira que rematou a ritmo do Dúo De Festa.

Resumo dos premios:
Mellor comparsa: Mareas misteriosas Comparsa Dancetekas
Mellor comparsa local: Movendo ficha Comparsa Trubisquiñas
Mellor grupo: Natación sincronizada de Baíñas
Mellor grupo local: Os labregos do s.XX de Berdoias
Mellor disfraz individual adulto: Capitán Babosa
Mellores 3 disfraces infantís: Tubo pegamento / Astronauta / Dama de cartón

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X