Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

30-01-2014

Oito concellos da Costa da Morte únense para organizar un circuíto de carreiras populares

Onte presentábanse na Casa de Pedra de Camariñas o circuíto de carreiras populares Correndo pola Costa da Morte, no que participan os concellos de Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Muxía, Vimianzo e Zas.
Unha unión de concellos para organizar un evento deportivo coa finalidade de garantir unha exitosa participación de atletas nas carreiras pedestres, fomentando as relacións veciñais entre os participantes e axudando a promocionar turística e economicamente a Costa da Morte, xa que son moitos os atletas que se desprazan desde toda a xeografía galega para participar nestas competicións deportivas e moitos os que aproveitan para pasar o día no lugar onde ten lugar a carreira. Sendo este un pulo económico, sobre todo para a hostalería e o turismo da Costa da Morte. Este feito foi destacado polos alcaldes asistentes á rolda de presentación entre os que se atopaban o anfitrión, Manuel V. Alonso de León, e os seus homónimos de Cee, Zaira Rodríguez; Fisterra, José Manuel Traba; Vimianzo, Manuel Antelo; e Zas, Manuel Muíño; e o tenente alcalde de Corcubión, Manuel Ínsua. Non quixo perder o acto o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, quen se comprometeu a traer á Costa da Morte o Campionato Galego de Atletismo.
Os técnicos deportivos dos oito concellos organizadores presentaron o calendario de carreiras que darán comezo o vindeiro 3 de marzo en Camariñas. As seguintes citas serán Vimianzo, o 4 de maio; Zas, o 1 de xuño; Cee, o 21 de xuño; Carnota, o 23 de agosto; Corcubión, o 20 de setembro; Fisterra, o 11 de outubro; e pecharase o circuíto en Muxía, o 16 de novembro.
Os técnicos explicaron no acto o regulamento do circuíto que será cronometrado por Championchip Norte, e será a través desta plataforma onde se deberán realizar as inscricións. Hai dúas maneiras de participar nas carreiras, ben participando no circuíto, sendo necesario participar nun mínimo de seis das oito carreiras para optar á clasificación; ou ben participando puntualmente na carreira ou carreiras que se desexen, sen optar á clasificación do circuíto. No caso de participar no circuíto o prezo fixado para os corredores con chip será de 20 €, mentres que os que non teñen chip, terán que aboar 30 € polas 8 carreiras. No caso de participar puntualmente  nas carreiras, os atletas con chip terán que pagar 5 €, mentres que se non posúen chip terán que aboar 6,€.
Os participantes no circuíto, adultos, só teñen opción de participar na carreira 10K, mentres que os que se apunten en carreiras puntuais poden escoller entre participar en 5K (2.000 - 5.000 m) ou 10 K (8.000 – 10.000 m.).
A participación de 3 a 17 anos será gratuíta e poden inscribirse nas carreiras a través de Championchip Norte ou directamente no concello organizador da carreira, tendo só a opción de inscribirse en carreiras puntuais.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X