Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

13-01-2014

O mal tempo non impediu o existoso desenvolvemento do V Duatlón de Reis

110 atletas chegaban na mañá de onte ao lugar de Castromil, dispostos a desafiar a chuvia e o vento que ameazaban con acompañar os participantes durante todo o desenvolvemento do Duatlón de Reis. Lonxe de ser un impedimento, as inclemencias meteorolóxicas están a conerterse nun atractivo máis desta proba deportiva. Desde as 10 da mañá os veciños e veciñas de Castromil vían como baixo a chuvia os atletas realizaban o quencemento dispostos a percorrer os 30 Km. 
Arredor das 11.30 o Alcalde daba o pistoletazo de saída á carreira que comezaba cun percorrido de 5,4 Km correndo. En menos de 20 minutos pasaba pola meta o dorsal número 27, Damián Ramos, seguido de preto por outros atletas entre os que se atopaban os vimianceses David Calzas e Luis Miguel Antelo, que cruzaron por primeria vez a liña de meta en quinto e sexto posto. Viñan a continuación 21 Km. en bicicleta para rematar novamente correndo 3,6 km antes de rematar a proba. Pasaban 3 minutos da unha do mediodía cando Damián Ramos Sánchez, de Culleredo, cruzaba a liña de meta, facendo o percorrido en menos de 1hora 25 minutos, seguido moi de preto por Fernando Abad Roca de Sigüeiro. o terceiro posto foi para o atleta de Arteixo Pedro Antonio Esmorís Molina, que cruzaba a liña de meta cinco minutos despois do gañador. O vimiancés David Calzas Ínsua quedou a un minuto de subir ao podio, quedando cuarto clasificado, un máis que destacado posto, se temos en conta ademais que sufriu un pinchazo nunha roda da bicicleta no transcurso da proba, o quie non lle impediu lograr a remontada. Unha hora e 50 minutos tardaría a primeira clasificada na categoría feminina en realizar a proba, Teresa Barreira Salgado, de Fene. A representación vimiancesa no podio chegaría da man de Victoria Fernández, segunda clasificada, e pecharía o podio feminino Susana Rial Santos,d´O Pino. Pouco despois das dúas da tarde remataba o Duatlon e comezaba a entraga de premios da man do Alcalde.

Resumo da clasificación:

Categoría masculina:
3º clasificado: Pedro Antonio Esmorís Molina, de Arteixo (AD Jarnachas)
2º clasificado: Fernando Abad Roca, de Sigüeiro (Triatlón Arcade Inforhouse)
1º clasificado: Damián Ramos Sánchez, de Culleredo

Categoría feminina:
3ª clasificada: Susana Rial Santos, d´O Pino (Club Atletismo de Boimorto)
2ª clasificada: Victoria Fernández García, de Vimianzo
1ª clasificada: Teresa Barreira Salgado, de Fene (Pinarium)

Podedes consultar os posto e tempos acadados nos enlaces que aparecen na parte inferior.

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X