Concello de Vimianzo
6 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

30-12-2013

Vimianzo responde á solidariedade

A Plataforma Solidaria de Asociacións do Concello de Vimianzo conseguiu o seu obxectivo contaxiando o espírito solidario aos veciños e veciñas de Vimianzo que contribuiron de diferentes maneiras para reunir cartos e alimentos para as familias máis necesitads do noso concello. Había dúas liñas de actuación: unha recollida de alimentos non perecedeiros, que se levou a cabo a través dos centros de ensino, igrexas e asociacións e, por outro lado, un Festival benéfico o domingo no que os veciños e veciñas colaboraron de difernetes xeitos: acudindo ao festival para o que había que facer unha achega simbólica de 2,€, doando agasallos que serían sorteados durante a celebración do festival, mercando rifas para participar no sorteo deses agasallos, actuando desinteresadamente, ou colaborando cos organizadores en calquera das tarefas que fose necesario. Os coñecidos Ghañán Style, Damián e Luis Miguel, foron ospresentadores dunha gala na que actuaron: o grupo de baile Airiños do río Grande, de Pasarela; o grupo de baile Foliada de Salto; os gaiteiros da Asociación Cultural Trubisquiña de Vimianzo; os gaiteiros da O Revoltixo de Carantoña; o grupo de zumba Cazatalentos, de Noia; a escola municipal de aeróbic de Vimianzo; e os acordeonistas Aserrín e viruta, de Pasarela.
Ao rematar as actuacións tivo lugar o sorteo de agasallos, máis de cen obsequios doados polos empresarios e comerciantes locais. Os números saidos no sorteo serán publicados na páxina web do concello e haberá un prazo de 15 días para recoller os regalos nas dependencias municipais. Os obsequios que non sexan recollidos pasado ese prazo serán doados a Cáritas Vimianzo para un mercado solidario.
A Asociación Cherinkas tamén quixo colaborar con esta iniciativa doando os cartos recadados coa organización do Maratón de Fútbol 3x3 celebrado esta fin de semana.
Todos os cartos recadados no Festival, así coma os alimentos non perecedeiros serán entregados a Cáritas Vimianzo para colaborar coas familias máis necesitadas do concello.
O auditorio da Casa da Cultura quedou pequeno para acoller a toda a xente que quixo colaborar con esta iniciativa, o que demostra que Vimianzo é un concello unido e solidario que sabe dara cara ante unha boa causa.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X