Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

19-11-2013

Actividades para o Comercio de Vimianzo - Nadal 2013

Hai dous anos iniciamos a colaboración entre o empresariado do comercio e o Concello de Vimianzo para levar a cabo formación e campañas e así contribuír a consolidar este pobo como lugar de referencia para facer as compras das Festas.

Desexamos repetir a experiencia para este Nadal. Polo que poñemos en marcha as accións que a continuación relacionamos:

  1. CHARLA DIVULGATIVA SOBRE O USO DAS REDES SOCIAIS PARA O COMERCIO. Terá lugar o día 3 de decembro, ás 15:00 na sala de conferencias da Casa da Cultura. Rogámosvos que vos inscribades. Duración aproximada: 2 horas.
  2. CONCURSO DE ESCAPARATES. Consultar no seguinte enlace
  3. CATÁLOGO DE PRODUTOS EN INTERNET. O persoal do concello recorrerá os establecementos que desexen participar na campaña para fotografar productos que poden ser obxecto de regalo nestas festas. O fin é elaborar catálogos virtuais que facilmente se poidan distribuir nas redes sociais e que acheguen ideas aos consumidores por destinatarios, por tramos de prezos, etc.
  4. ANIMACIÓN NA RÚA E DIVULGACIÓN EN MEDIOS DE COMUNICACIÓN E REDES SOCIAIS. Levarase a cabo desde o Concello de Vimianzo e animamos aos establecementos a que complementen esta labor para que teña a maior divulgación posible.

Debedes contactar co Departamento de Promoción Económica (981716001-ext. 220; comercio@vimianzo.es) para comunicar antes do 3 de decembro a vosa intención de participar na Charla, no Concurso de Escaparates e/ou no Catálogo de produtos.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X