Concello de Vimianzo
7 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

04-11-2013

Unha animada xornada de músicos locais na Casa da Cultura

Malia que o tempo non acompañaba a saír da casa os veciños e veciñas de Vimianzo non quixeron perder a ocasión de ver no escenario os nosos artistas e ás 20 horas comezaba o esperado concerto de músicos de Vimianzo na Casa da Cultura, inaugurando o mes de novembro dedicado á música. A Charanga Escándalo foi a encargada de romper o xeo e foron os primeiros en recibir os aplausos tras a interpretación de temas ben coñecidos polo público: Sólo te pido, Cántiga de Camariñas, Adelita, Pasodoble. Os seguintes en demostrar o seu talento foron os cantantes xa ben coñecidos polo público vimiancés: Jaime de Vilaseco e Rosa Oreiro que foron alternando a súa actuación. Jaime, con lazo e sombriro mexicano, engaloiou ao público coas súas racheiras: El ayudante, Después del rosario e Ay amigo! foronos temas escolidos para esta ocasións; mentres que Rosa se atreveu con temas españois tan coñecidos como Desde mi libertad, de Ana Belén; Esta coberdía, de Chiquetete e Si amenece e Isabel Pantoja. Un cambio total de estilo o dos mozos vimianceses Os Troitamundos que fixeron cantar ao público o coñecido Bailaré sobre tu tumba, de Siniestro total, logo de interpretar un reivindicativo tema propio do grupo, Involución, e un clásico de Judas Priest, Breaking the law. Pecharon a xornada musical os acordeonistas de Pasarela Aserrín e viruta acompañados polo profesor Jacinto Paredes, que interpretaron Palomita-inspiración, Ella e Islas Canarias.
Unha xornada divertida e emotiva que dá oportunidade aos artistas locais de actuar na súa casa, demostrar o seu talento ante o público máis cercano e á vez  máis esixente, os propios veciños, amigos e familiares, e demostraron que son uns auténticos artistas. unha mostra máis de que en Vimianzo podemos estar orgullosos do noso.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X