30-08-2013
Nos vindeiros días iniciarase o proceso de selección para o Obradoiro de Emprego Terra de Soneira
Os concellos de Vimianzo, Camariñas e Zas poñerán en marcha no vindeiro mes de outubro o Obradoiro de Emprego Terra de Soneira financiado pola Consellaría de Traballo e Benestar.
O Obradoiro oferta un total de 22 prazas para alumnos- traballadores, das cales 8 persoas serán do concello de Vimianzo. As especialidades que se impartirán no Obradoiro serán: Interpretación e educación ambiental e Confección e publicación de páxinas web.
O obradoiro está previsto para favorecer a inserción laboral das persoas que están inscritas no INEM. No proceso de selección terán especial preferenza os menores de 30 anos e os maiores de 45 anos. As persoas interesadas en participar na selección de alumnos traballadores do obradoiro deberán comunicalo na Oficina do INEM. No concello de Vimianzo comezaremos esta semana o proceso de selección coas listaxes que nos remitan da oficina de emprego.
Consulta a información e as bases de selección na seguinte ligazón
Ligazóns