Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

01-08-2013

Os hostaleiros de Vimianzo aprenden arqueogastronomía grazas ao proxecto Do mar á terra

O Concello de Vimianzo reanuda os cursos de formación dentro do proxecto Do mar á terra do Grupo de Acción Costeira, unproxecto que vincula os produtos do mar, a gastronomía, a cultura e o consumo responsable. Vimianzo ten un pasado castrexo e medieval que non resulta alleo a veciños e visitantes, o Castelo e o Castro das Barreiras envolven a núcleo urbano de Vimianzo e a súa posta en valor supón a posta en valor do Concello. Por este motivo o proxecto Do mar á terra vinculará estes aspectos á gastronomía local. Con este fin os arqueólogos Víctor Bejega e Eduardo González achegáronse de novo o luns a Vimianzo para explicarlle aos empresarios como era a alimentación na época castrexa e medieval, desmontando moitos dos mitos e lendas que levamos escoitado durante moitos anos, dándolle un amplo abano de ingredientes cos que poder elaborar os menús. O coñecido chef bergantiñán Miguel Silvarredonda tamén participa neste proxecto poñendo a disposición dos hostaleiros de Vimianzo os seus coñecementos para elaborar diferentes receitas. Pero o Proxecto non só está enfocado aos restaurantes, senón que bares, cafeterías e panaderías participan no mesmo, ao igual que as asociacións culturais.
Unha vez expostos os coñecementos teóricos agora a quenda é dos empresarios participantes no proxecto que deberán poñelos en práctica facendo unha proposta de cada un dos menús, pinchos e pan e sobremesas que serán analizados unha vez rematado o período de elaboración polo chef Miguel Silvarredonda, para saber se se axustan, ou non, ao rigor histórico e se son economicamente viables, ou non, para o empresario. Toca pois un mes de traballo para os hostaleiros no que contarán con asesoramento cando o requiran para poñer en marcha.
Manuel Antelo valora moi positivamente a posta en marcha deste ambicioso proxecto que será un revulsivo económico e turístico para o Concello, xa que reúne nun mesmo proxecto patrimonio, etnografñia, cultura e gastronomía. Hai que aproveitar os recursos que temos ao noso alcance e poñelos en valor. 

  

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X