Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

16-05-2013

187 vimianceses e vimiancesas no Balneario de Arnoia

A primeira das excursións para maiores de 60 anos organizada polo concello saía de Vimianzo na mañá do mércores dispostos a pasar tres días no Balneario de Arnoia, en Ourense. 187 participantes gozarán duns días de relaxación acompañados pola concelleira de Benestar Social, Mª Xosé Ramos, e por Félix Roget, do departamento de Benestar.
Chegaron á Arnoia ao mediodía e xa puideron aproveitar para probar as piscinas e dar agradables paseos pola fermosa paisaxe da contorna. Na mañá do xoves voltarían ás piscinas e os tratamentos termais, mentres que pola tarde tiñan previsto realizar unha visita á bodega Pazo Casa Nova, do recoñecido viño do Ribeiro, con degustación incluída. O venres pola mañá de novo volverán aos tratamentos termais para, xa pola tarde, emprender camiño de volta a Vimianzo.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico Páxina web das familias galegas Quérote
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X