Concello de Vimianzo
1 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

06-05-2013

186 participantes na 2ª Andaina Coñece a Costa da Morte

O concello de Vimianzo organiza xunto cos concellos de Camariñas, Corcubión, Muxía e Ponteceso un programa de sendeirismo con cinco rutas, unha en cada concello. Unha rutas sinxelas pensadas para coñecer e promocionar o noso territorio, ao tempo que se pasa unha agradable xornada en familia.
O éxito de participación da primeira ruta, que tiña lugar no concello de Ponteceso, foi superado o pasado sábado no concello de Muxía, coa participaron 186 sendeiristas, 80 deles do concello de Vimianzo. A ruta saía ás 10.20 horas da mañá do lugar muxián de Moreira, dispostos a percorrer 12,5 Km. de ruta pola costa, pasando polo Faro de Touriñán, o punto máis occidental da Península Ibérica, para rematar na fermosa praia de Nemiña, onde  chegaron ás 13.45 horas. A tenente alcalde de Muxía, Amparo Baña, representaba ao concello anfitrión na andaina, á que tmaén acudiron o alcalde de Camariñas, Manuel Alonso, e o concelleiro de Deportes de Corcubión, Manuel Ínsua, así como os técnicos de deportes e turismo dos concellos organizadores.

O vindeiro sábado día 11 de maio a andaina relaizarase polo concello de Vimianzo. Sendo a única andaina que non discorre preto da Costa, si se poderá gozar de fermosas vistas da ría de Camariñas desde o alto dos montes do Faro e a Vela. A ruta sairá da Praza do Concello ás 10 da mañá cunha parada no Castro das Barreiras antes de coller camiño cara ao alto do Monte Faro e da Vela e continuar camiño cara a Carnés, lugar onde reamtaremos degustando os famosos callos na Cerca, onde cada 9 de xullo se celebra a Faguía, festa declarada de Interese Turístico de Galicia.
Os interesados en participar nesta andaina poden inscribirse ata o xoves día 9 en deportes@vimianzo.es

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X