Concello de Vimianzo
6 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

22-04-2013

A pintora vimiancesa Chelo Lema expón por primeira vez na súa terra natal

A Sala de Exposicións Antón Mouzo nacía en setembro de 2011 coa intención de dar a coñecer os artistas locais, moitos deles con recoñecemento nacional e internacional, que nunca dispuxeron dunha oportunidade para amosar o seu traballo aos seus propios veciños. Ao mesmo tempo a creación desta Sala dálle a oportunidade aos vimianceses e vimiancesas de gozar das mesmas oportunidades que os que viven na cidade. Do mesmo xeito, permite aos escolares gozar da arte ao lado da casa e saber que Vimianzo é terra de artistas, poden coñecelos e aprender deles.
Desde o pasado sábado os veciños e veciñas de Vimianzo teñen a oportunidade de coñecer a obra dunha artista local que expón por primeira vez na súa terra natal malia levar a súa obra por diferentes lugares do estado español: A Coruña, Alicante, Barcelona, Benidorm, Madrid, Marbella, Salamanca; europeo: Beziers (Francia), Gante (Bélxica), Arnhem (Holanda); e americano: Arxentina, Uruguay, México e EEUU. Chelo Lema leva unha gran traxectoria como pintora, desde os catorce anos que comeza os seus estudos artísticos na escola Pablo Picasso da Coruña.
Numerosos amigos, veciños e familires quixeron arroupala na inauguración da súa exposición, xa que malia que Chelo Lema marchou de Vimianzo moi cativiña, separada de seus pais polas circunstancias políticas do momento, sempre mantivo un vínculo importante coa terra que a viu nacer.  

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X