Concello de Vimianzo
6 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

13-02-2013

O luns de entroido fíxose notar nas rúas de Vimianzo

A chuvia non quixo dar tregua para a celebración de pasarrúas entroideiros pero non puido co espírito festeiro de Vimianzo que saiu á rúa amosar o traballo realizado para tan esperado día, antes de participar no concurso de disfraces que si tivo que desprazarse ao pavillón. As dúas grandes comparsas, oito grupos e un bo numero de disfraces individuais parcorreron o casco urbano non dieixaron indiferentes a quen o presenciaba o desfile antes da entrada no pavillón.
Os catro membros do xurado, representando os medios de comunicación da Costa da Morte: Mar Varela (La Voz de Galicia), José Manuel Ramos (El Correo Gallego), Ubaldo Cerqueiro (quepasanacosta) e Manolo Rial (Compás da Costa), estiveron atentos desde o inicio do pasarrúas para valorar todo o espectáculo dos participantes do concurso, pois a participación no desfile de disfraces era un dos requisitos que se contemplaban nas bases.
Unha vez no pavillón, onde os presentes podían degustar as filloas que estaban facendo as Amas de Casa, comezaban as actuacións dos grupos: o sindios de Geriatros foron os primeiros en participar e en arrincar máis dun aplauso do público presente; os seguintes a Tribu Bimba, que deleitaron o público cun baile detrás das fermosas e coloridas máscaras; os integrantes do Quixote leváronnos a un mundo de novela de cabaleiría; As colombianas do café engaiolaron o xurado coas súas fermosas coplas; o público asistiu á Voda do ano, con todo o cortexo nupcial; do fondo do mar chegaron dúas logradas medusas; unha escenificación da película Grease; e unha auténtica compatición Vimianzo GP poñía a nota humorística final á participación dos grupos, circuíto, boxes, ambulancia para as urxencias, podio e trofeos. 
Chegaba a quenda das comparsas. Os 70 integrantes da compasa Trubisquiñas encheron de cor o pavillón caracterizados do xogo máis popular da rede: Angry bird (Paxaros enfadados) arrincando fortes aplausos dos presentes coa coidada coreografía ao ritmo do Gangnam Style. A continuación o exército de Terra, mar e aire invadiu o pavillón, no que non cabía o caza que puideramos ver no pasarrúas que deixou coa boca aberta ao público que presenciou o desfile. Cento cinco persoas compoñían a comparsa Dancetekas que encabezaba a cabra da lexión, seguidos do exército de terra, aire e mar.
Para rematar o concurso os participantes individuais desfilaro ante o públioc e o xurado que escollería os tres mellores entre os que se animasen a participar. 
Chegou a hora dos premios e Manolo Rial subiu ao escenario para dar o veredicto:

MELLORES DISFRACES INDIVIDUAIS:
ADULTOS: Globo
INFANTÍS:
1º premio: Globo aeroestático
2º premio: Ovella
3º premio: Carapuchiña vermella

GRUPOS:
Mellor grupo: Vimianzo GP
Mellor grupo local: As colombianas do café

COMPARSAS:
Mellor comparsa: Terra, mar e aire (Dancetekas)
Mellor comparsa local: Paxaros enfadados (Angry birds) (AC Trubisquiñas)

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X