Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

02-01-2013

Unha festa infantil para rematar o ano

O concello de Vimianzo adiantouse á celebración da entrada do ano cunha gran festa infantil á que acudiron un gran número de nenos e nenas aínda que a chuvia e o vento invitaban a non saír da casa. Un neno nunca di que non a inchables, xogos, maquillaxe, globoflexia, ... por iso chegaban ao pavillón antes das 11 da mañá dispostos a pasar unha mañá festiva para darlle a despedida ao 2012. Os pais e nais aproveitaban o entretemento dos fillos e a compaña dos monitores para relaizar as compras propias desta época do ano, antes de voltar ao pavillón para tomar as 12 uvas ao son das badaladas do 12 do mediodía. O alcalde e a concelleira de Benestar Social tamén quixeron acompañar aos pequenos a darlle a benvida anticipada ao novo ano. unha vez reamtadas as badaladas e comidas as uvas volveron os xogos que se alongaron ata a hora de xantar.

Logo dos días festivos os nenos e nenas voltan hoxe luns ás actividades das tardes de Nadal na Casa da Cultura con diferentes talleres. E os maiores tamén teñen hoxe unha cita co torneo individual de escoba.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X