11-09-2026
Vimianzo abre o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas e Culturais 2026-2027
O Concello de Vimianzo pon en marcha unha nova edición do programa ACTÍVATE: Programación Deportiva e Cultural 2026-2027, unha ampla proposta de actividades pensada para fomentar a práctica deportiva, a formación, a creatividade e a participación cultural entre a veciñanza.
O prazo de inscrición estará aberto do luns 14 ao luns 21 de setembro, na Casa da Cultura, en horario de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 horas. No caso de que a demanda supere o número máximo de prazas nalgunha actividade, realizarase o correspondente sorteo.
A programación inclúe unha ampla variedade de escolas deportivas, como fútbol sala, tenis de mesa, patinaxe artística, atletismo, taekwondo, tiro con arco, multideporte, pequemotricidade ou actividade física para maiores, así como propostas de escolas culturais vinculadas á música, ás artes, ao teatro e á cultura tradicional.
Entre as actividades culturais figuran linguaxe musical, coral polifónica, teatro, música e movemento, canto, batería, guitarra, piano, trompeta, saxofón, batucada, bombo e tamboril, baile tradicional, pandeireta e gaita, ademais de propostas relacionadas coas novas tecnoloxías, como robótica, impresión 3D e programación.
As actividades teñen un custo de 5 euros ao mes para as de unha hora semanal e 10 euros ao mes para as de dúas horas semanais. Ademais, establécense descontos do 25 % para persoas xubiladas, familias con máis de dúas actividades, persoas con máis de dúas actividades e familias numerosas, non acumulables entre si.
As persoas empadroadas terán preferencia nas actividades con límite de praAs persoas empadroadas terán preferencia nas actividades con límite de prazas.
A matrícula poderá formalizarse do xoves 24 ao mércores 30 de setembro, estando previsto o inicio das actividades para o luns 5 de outubro.
ACTÍVATE 2026-2027. Vimianzo móvese, aprende e crea contigo.
Descargas