Concello de Vimianzo
27 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

11-06-2012

Unha escolla dos traballos das escolas municipais expóñense na Sala de Exposicións Antón Mouzo

Finallizaron as escolas municipais e toca amosarlle aos veciños e veciñas e aos visitantes o traballo realizado durante o ano. Como non hai espazo suficiente para expoñer todas as pezas realizadas polos nosos artistas, cada alumno ou alumna escolleu un traballo de entre os que realizaron durante o curso para que permaneza na exposición ata o vindeiro 15 de xullo.
O venres pola noite tivo lugar a inauguración da exposición no auditorio da Casa da Cultura, e antes de pasar á Sala de exposicións, puidemos escoitar a experiencia contada pola mestra de panillo, Lourdes Lema Ínsua, que salientou o importante labor que supoñen as alumnas de panillo da conservación deste traballo tan caracte´ristico de Vimianzo; escoitamos a visión de dúas alumnas de pintura e gravado, Berta Suárez Rodríguez, que falou desde o punto de vista dos máis novos poñendo énfase no traballo realizado ata a satisfacción de ver a obra rematada, e Mª Carmen Carballo Ameijeiras, que puxo voz aos adultos e rematou solicitando ao alcalde unha aula para a actividade de pintura que se puidera acabar convertendo nunha futura escola de arte; escoitamos a experiencia da profesora de debuxo, pintura e gravado, Puri Lema del Río, que foi consciente do sufrimento inicial do artista ao enfrontarse a iniciar un traballo, mais tamén da satisfacción ao ver que eles e elas mesmas tiñan ao veren as súas obras rematadas; e pechou o alcalde, quen mostrou gran satisfacción e orgullo pola cantidade de artistas que deron estas escolas municipais e as marabillosas obras de arte realizadas tanto en panillo, como en debuxo, pintura e gravado. Finalmente, para rematar o acto e pasar á Sala de Exposcións, proxectouse un vídeo onde se puideron ver todos os traballos realizados polos alumnos que non poden estar expostos por cusetións de espazo, o que causou un gran asombro dos presentes ante a gran cantidade de traballos realizados en tan pouco tempo e a calidade dos mesmos.
Ao rematar o acto no auditorio, o alcalde e as profesoras das escolas municipais abriron a Sala de Exposicións para que o público que asistiu ao acto, entre o que se atopaban os artistas protagonistas da exposición, puidesen mostrarlle a familiares, amigos e veciños as súas obras. Unha boa mostra da arte en diferentes expresións, onde se pode apreciar a valía dos aristas locais. 
A exposción poderá visitarse ata o vindeiro domingo 15 de xullo no horario habitual de apertura da Casa da Cultura.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X