Concello de Vimianzo
7 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

25-04-2024

O Concello restaura a cruz de termo de Salto e continúa a poñer en valor o patrimonio histórico do municipio

O Concello de Vimianzo vén de rematar os traballos de reparación da cruz de termo no Careixo, na parroquia de Salto. Tamén se procederá á colocación no lugar orixinal despois dun intenso traballo de limpeza, restauración e unión das diferentes pezas.

Nun dos brazos realizouse unha complexa reestruturación que permitiu devolver esta peza ao seu estado orixinal, que antigamente eran colocadas nos camiños que anunciaban a entrada a outro lugar.

Posta en valor do patrimonio municipal dos cruceiros

Ademais, na xornada de hoxe procedeuse tamén á retirada do cruceiro de Reparada, en Salto, xa que na actualidade, tal e como sinala o encargado dos traballos, Benito Vilas, “mantense en pé de puro milagre”. Isto é debido a que a súa localización, nunha contorna moi concorrida, provocou que se despegase e quedara apoiado unicamente sobre un lado da súa base.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, o concelleiro de Obras, Miguel Ángel Vilas, o arqueólogo Tito Concheiros e o propio Vilas achegáranse nos últimos días ata o lugar para estudar a situación. Co obxectivo de garantir a súa integridade e evitar o risco de que caia, tomouse a decisión de retiralo.

Segundo indica a alcaldesa, Mónica Rodríguez, “temos que coidar e poñer en valor estes elementos patrimoniais do noso municipio, que gardan un gran valor artístico e da tradición e a historia do noso municipio”.

“Isto implica que temos que protexelos e realizar os traballos de mantemento oportunos para que se poidan seguir visitando como ata o de agora” engadiu. A rexedora destacou que esta actuación é unha mostra máis “do compromiso que o Concello de Vimianzo ten con elementos patrimoniais como estes, que enriquecen o noso municipio e, polo tanto, debemos coidar e protexer sempre”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X