Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

08-06-2012

Os perigos das redes sociais e As novas tecnoloxías gañadoras do I Concurso de Curtas co Móbil

Os rapaces e rapazas do IES Terra de Soneira demostraron a súa creatividade acadando o 1º e 3º premio no I Concurso de Curtas co Móbil organizado desde a Secretaría Xeral de Innovación e Modernización Tecnolóxica da Xunta de Galicia, a través das aulas da Rede CeMIT, nas que está o Telecentro de Vimianzo. Precisamente desde o telecentro deuse a coñecer a actividade entre o alumnado do IES Terra de Soneira que se animaron a participar presentado tres curtas ao concurso. O procedemento de votación foi a través do Facebook puntuando o número de "gústame" que obtivese cada curta.

Un total de 22 curtas que se presentaron desde os institutos dos concellos de Mesía, Santiago de Compostela, Cerceda, A Estrada, Cambados, Cangas e Verín, entre os cales os rapaces e rapazas de Vimianzo resultaron gañadores de dous premios.
O primeiro premio quedou en Vimianzo coa curta Os perigos das redes sociais, realizado por Iván Antelo Lema, Laura Bras Mira, Brenda Busto Lema, Roberto Iglesias Caamaño e Patricia Ramos Maceiras, que acadaron 526 "gústame". O premio consistiu nun netbook para o centro escolar e un ipod para cada un dos autores; o segundo premio recaeu na curta Un lapis e un vello papel dos alumnos do IES Ramón Cabanillas de Santiago de Compostela; o 3º premio novamente para o IES Terra de Soneira coa curta realizada titulada As novas tecnoloxías, realizada por Iván Rodríguez Cambeiro, Miguel Mourelle Facal e Samuel López Rodríguez, que acadaron 226 gústame, e foron premiados cunha cámara dixital para o centro e unipod para cada un dos autores.
A entrega de premios tivo lugar o mércores no Museo Pedagóxico de Galicia e á entrega de premios asistiron a directora de AMTEGA, Mar Pereiro, o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro e os alcaldes de Abegondo, José Antonio Santiso, e de Vimianzo, Manuel Antelo, os dous concellos prinicipais impulsores desta inicitiva.
Manuel Antelo durante a súa intervención lembrou a importancia da participación dos rapaces e rapazas nestas activiades que espertan a creatividade e fomentan o traballo en equipo. Tamén destacou que dous premios fosen para o IES de Vimianzo, o que desmente que os que vivimos no rural non teñamos acceso ás mesmas posibilidades que nas cidades e teñamos a mesma ou máis creatividade e oportunidades de potenciala.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X