Concello de Vimianzo
5 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

08-04-2024

Os motores do Campionato Galego de Trial farán tremer Vimianzo o vindeiro 5 de maio

O Monte Faro será o escenario ideal para que o Campionato Galego de Trial siga facendo soar os motores nunha nova data que reunirá no municipio vimiancés a centos de afeccionados a este deporte. A proba chega a Vimianzo por primeira vez na historia da man do Moto Club O Petouco, que organiza esta carreira en colaboración coa Federación Galega de Motociclismo e o Concello de Vimianzo.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, xunto co concelleiro de Deportes, Sergio Miñones, o técnico municipal desta área, Víctor Santos, e os membros da directiva do club, Jesús María Sampedro, Francisco José Soto, Ana María López e Jesús Manuel Soto, foron os encargados de presentar na xornada de hoxe o cartel da proba. No acto, presentado por Alba Mancebo, xornalista e presentadora da CRTVG, estivo tamén o delegado da Federación Galega de Motociclismo, Julio Rodríguez.

O circuíto recibirá a competidores de distintas partes de toda Galicia a partir das 9:30 horas do 5 de maio. As rochas, o barro e a auga que se concentran no lugar farán deste espazo o sitio ideal para poñer a proba as capacidades dos deportistas.

Desde a organización agardan que sexan “arredor 40 ou 50 as persoas que se animen a participar, en base aos competidores que hai normalmente nas outras carreiras, o que é un moi bo número para unha proba destas características”.

Trátase dun circuíto pechado ao que os pilotos deberán dar tres voltas en cada unha das categorías establecidas, “desde os máis pequenos e pequenas ata os participantes na categoría absoluta terán por diante desafíos naturais que farán desta unha proba única”, comentaron desde o club.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, recoñeceu que é “todo un orgullo presentar esta proba e saber que Vimianzo vai ser a sede dun evento destas dimensións”, e destacou que “o noso territorio conta cunha xeografía privilexiada para practicar este deporte e agardamos que o evento sexa todo un éxito, contando coa presencia de deportistas de todos os recunchos de Galicia”.

Pola súa parte, o edil de Deportes, Sergio Miñones, agradeceu “o enorme esforzo e traballo que durante estes meses realizou o Moto Club O Petouco para que isto fora posible e hoxe poidamos presumir de acoller esta proba e contaxiar entre os nosos veciños e veciñas a paixón por unha disciplina tan emocionante e chea de adrenalina”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X