Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

10-05-2012

A bica de Vimianzo e as Pedras do Castelo as sobremesas de Vimianzo

As pastelerías de Vimianzo -Sampedro, PanIgnacio e Antoxos- uníronse, por mediación do concello, para crear un produto gastronómico identitario de Vimianzo. O resultado foron dúas sobremesas que se poderán adquirir nas panaderías de Vimianzo durante todo o ano e que os restaurantes da zona poderán ofertar dentro da súa carta.
As sobremesas que presentaron, logo de varias reunións entre os pasteleiros, foron a Bica de Vimianzo, unha torta con améndoa; e uns bombóns que levan por nome Pedras do Castelo, elaborados con noces, abelás ou améndoas. A primeira das sobremesas  terá un custe de 10 euros o quilo, mentres que as Pedras do castelo serían a 18 euros o quilo.
Os pasteleiros rexistrarán estes dous produtos conseguindo así que Vimianzo teña un produto gastronómico propio e identitario que ofertar, como acontece con moitos outros lugares da nosa xeografía.
Esta inicitiva xurdiu dentro das Xornadas de primevera Vimianzo gastronómico na que participan estas tres pastelerías coas súas sobremesas; oito restaurantes (Casa Paco, O Cabral, O Retiro de Barboles, Restaurante O Castillo, Casa Sabina, Restaurante Vázquez, Restaurante Edreira e Restaurante Pastoriza) que ofertan un completo menú de priimavera; e oito bares (Celma Café, A Rúa, Hilton, Mehari, O Agocho, Quilmes, O Regueiro e Casa Landeira) que ofercen combinados especias e veñen de convocar un concurso de contacontos para animar as noites dos venres.
Unha campaña que demostra a unión do sector hostaleiro de Vimianzo e o interese en organizar diferentes iniciativas que axuden favorecer a economía local.  
   

  

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X