Concello de Vimianzo
19 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

09-12-2022

O Concello convida á veciñanza a unha segunda edición dos ‘Cantos de Nadal’

O Concello de Vimianzo convida á veciñanza a unha segunda edición dos ‘Cantos de Nadal’, que desta volta contarán coa actuación do dúo Cives e Caamaño.

A programación iniciarase o 17 de decembro ás 18:30 horas na Escola de Carantoña.O mesmo día, ás 20:30 horas, será na Casa da Cultura de Baíñas. O domingo 18 de decembro ás 12:00 horas, no Centro Cultural de Carnés.

O luns 19 de decembro, cita dobre. Ás 18:00 horas, na Escola de Pasarela, e ás 20:00 horas, na Escola de Vilar de Cereixo. O martes, tamén dous eventos. Ás 17:00 horas no Salón Parroquial de Castromil e ás 19:00 horas na Escola de Cambeda.

O mércores 21 de decembro, ás 18:00 horas será no Local Social de Comareiro, en Serramo, e ás 20:00 horas na Escola de Bamiro. O xoves 22 de decembro ás 16:30 horas na Escola de Castrelo, ás 18:30 horas na Escola de Tines e ás 20:00 horas na Escola de Treos.

Para rematar, o venres 23 de decembro ás 18:00 horas será o fin de festa na Escola de Berdoias. Quen o desexe, posteriormente ás actuacións, haberá degustación de chocolate con churros e outras viandas.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X