Concello de Vimianzo
19 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

29-11-2022

O Concello lanza o seu programa ‘Concilia no Nadal’ para a rapazada de 5 a 14 anos

O Concello de Vimianzo lanza o seu programa ‘Concilia no Nadal’, novamente no marco de A vila do mañá,  destinado para a rapazada de 5 a 14 anos. Trátase dunha aposta lúdico educativa que se desenvolverá do 26 ao 30 de decembro. É totalmente de balde.

A actividade contará cun total de 40 prazas e as inscricións poderán facerse na Casa da Cultura ata o 16 de decembro, de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Ten como obxectivo avaliar e recuperar a identidade dos seus pobos e cidades. 

Nos últimos anos, esta iniciativa desenvolveuse en distintas localidades galegas chegando mesmo ata San Paulo, no Brasil. O reto principal deste proxecto é que a infancia e a adolescencia estean presentes de forma activa no proceso de construción dos espazos comúns, dotándoos das ferramentas necesarias para desenvolver a súa creatividade dende a arte e a arquitectura. 

Deste xeito, a rapazada poderá desfrutar de actividades gratuítas relacionadas ca arte e a arquitectura nas rúas e espazos públicos de Vimianzo a través de seis conceptos: a percepción, o espazo, a paisaxe, a escala, a sustentabilidade, a vila, e con ferramentas coma o punto, a liña o plano e o elemento natural e tridimensional. 

Desde o goberno local agardan que os nenos e nenas se sumen  a unha proposta “dinámica, especial e moi importante para toda a veciñanza, posto de aquí poden saír as bases de moitos proxectos futuros que tan só traerían beneficios ao municipio”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X