Concello de Vimianzo
8 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

31-10-2022

Vimianzo presenta o seu proxecto ‘Costa da Vida’, que dará comezo este sábado co concerto de Mercedes Peón

O Concello de Vimianzo presentou oficialmente esta mañá ‘Costa da Vida’, un dos 15 proxectos subvencionados pola Xunta ao abeiro da primeira convocatoria do fondo Territorio Cultura da Xunta de Galicia, dotada inicialmente con 630.000 euros.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez; a técnico de Cultura, Nieves Lema; o director de AGADIC, Jacobo Sutil e Mercedes Peón, música e cantante, participaron no acto esta mañá na Casa da Cultura vimiancesa.  

Hoxe deuse a coñecer o programa completo, que se desenvolverá entre xaneiro e marzo de 2023 cun concerto inaugural de Mercedes Peón o sábado 5 de novembro, acompañada de Ana Fernández e Mónica Nut nun formato especial adaptado ao patio do Castelo de Vimianzo. O programa pecharase de novo na fortaleza soneirá cun concerto especial do pianista Javier Otero acompañado de Irma Macías e a Banda Trubisquiña. 

O obxectivo principal de ‘Costa da Vida’ é implicar á veciñanza en xeral, e ao tecido asociativo en particular, para a dinamización sociocultural do municipio, recuperando a vida e a cohesión social dos núcleos habitados do municipio a través da cultura e dunha visión e mensaxe positivas da nosa terra e da nosa comarca.

Trátase dun proxecto diferente que chegará a todos os estamentos da sociedade vimiancesa para converterse nun elemento vertebrador e transversal, introducindo unha intensa actividade cultural con compoñentes contemporáneos na vida cultural do municipio.

Consta de 18 intervencións artísticas de primeiro nivel do panorama cultural galego, con disciplinas como a música, a narración oral, o teatro e a comedia.

Galicia foi a primeira comunidade autónoma en poñer en marcha este programa, a través da súa propia convocatoria e subvencións dentro do plan para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas que contempla o Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia dos Fondos Next Generation UE.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, agradeceu o traballo “de todas as persoas implicadas en ‘Costa da Vida’, no que reside unha vontade maiúscula para levar a cultura por todo o noso territorio e a ilusión por materializalo”, e quixo destacar “o traballo da persoa que me acompaña hoxe aquí, Nieves Lema, unha das artífices de que hoxe poidamos comezar un camiño que nos ilusiona moito”, así como a “Jacobo e Mercedes, que nos acompañan aquí hoxe nun acto moi importante para nós”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X