Concello de Vimianzo
6 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

30-09-2022

O Concello presenta a programación de outono 2022 do Auditorio da Casa da Cultura

O Concello de Vimianzo presentou esta mañá a programación de artes escénicas dos sábados e domingos de outubro a decembro que terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura e destinada a público adulto e familiar. Ao acto, celebrado no Salón de Conferencias do mesmo edificio, acudiron a alcaldesa, Mónica Rodríguez; a concelleira de Cultura, Rosa Blanco, e a técnico de Cultura, Nieves Lema.

Nesta programación de outono, o Concello achega a Vimianzo un total de 14 espectáculos, cofinanciados pola Rede Cultural da Deputación da Coruña e a Rede Galega de Teatros e Auditorios Agadic da Xunta de Galicia. A programación consta de 14 funcións de primeiro nivel do panorama cultural galego no que ten cabida o cine, a música, narración oral, teatro e a comedia. 

A programación arranca o venres 14 de outubro coa proxección da película “Lúa vermella” dentro do Ciclo Nacional de cine y Mujeres rurales do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para conmemorar o ‘Día Internacional das Mulleres Rurais’. 

día 15 de outubro a compañía Os Monicreques de Kukas achega a Vimianzo ‘Don Gaiferos’obra de teatro con monicreques de fíos e música en directo na que se conta un dos milagres atribuídos ao Apóstolo Santiago e narra a viaxe do peregrino francés don Gaiferos de Mormaltan. 

22 de outubro as televisivas Eva Iglesias e Inma Morandeira son as protagonistas da comedia de enredo chea de situacións disparatadas,’Nais’

29 de outubro, Malasombra Producións , representa o espectáculo ‘De algo hai que morrer’ no que os protagonistas Xoque Carbajal e Jouse García intentarán que morramos da risa. 

O día 12 de novembro será a quenda da narración oral ‘Como dicía o outro’ de Cándido Pazó que conta historias, lerias, contos... iso que alguén contou onte... que un conta hoxe... e que alguén contará mañá. 
 
A encargada de recordar os 20 anos do afundimento do Prestige ( 19 novembro 2002) será a recoñecida compañía Chévere, que achegará o 19 de novembro ao auditorio de Vimianzo  o espectáculoN.E.V.E.R.M.O.R.E’, a caixa negra do Prestige, unha viaxe emocional á catástrofe que marcou as vidas dos habitantes da Costa da Morte. A veciñanza ten a oportunidade única de ver en Vimianzo este espectáculo, que se estreou no teatro María Guerrero de Madrid e xirou polo territorio nacional. O elenco confórmano Manuel Cortés, Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Borja Fernández, Mónica García e Arantza Villar. 

A mocidade do IES Terra de Soneira gozará da representación financiada pola Área de Igualdade da Deputación, ‘Mapoulas’, mulleres libres de Montealto, de Laboratorio Escénico Coop. e participará nun coloquio guiado por Carmen Cotelo. ‘Mapoulas’ é unha creación escénica multidisciplinar baseada nun feito histórico que mestura a dramatuxia teatral, a danza, a poesía e o audiovisual. 

Pecha o mes de novembro, o sábado 26, a compañía Eléctrica co espectáculo ‘Miss Docet’ que contou co patrocinio do Concello de Vimianzo. A interpretación de Iria Pinheiro guía esta peza de teatro documental no que a biografía de Emilia Docet se entretece coa doutras mulleres silenciadas despois de 1936. Como un desfile de voces, ecos e silencios, ‘Miss Docet’ recupera desde a escena a potencia dunha xeración de galegas que veu truncada a súa historia e contribúe á loita para evitar que os seus nomes e os seus pasos desaparezan da nosa memoria. 

O día 3 de decembro a compañía A Panadaría presentará o espectáculo ‘As que limpan’ que fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. O elenco está composto polas coñecidasAreta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.

Pecha a programación dos sábados de outono o 10 de decembro a compañía madrileña Punto De Partida Teatro que nos achega a súa última montaxe ‘Foile’, unha comedia dramática coa que emocionarse e rir a partes iguais e na que a vimiancesa Rosa Pérez forma parte do elenco. 

As representacións deste outono cultural , destinadas a adultos serán os sábados ás 20:30 horas e a billeteira abre unha hora antes do inicio do espectáculo. 

A venda anticipada das entradas será a través de www.woutick.es (gastos de xestión incluídos) ou na billeteira da Casa da Cultura de luns a venres de 9:00 a 14:00h.

Estará á venda na Casa da Cultura un bono para os 7 espectáculos (non inclúe espectáculo de ‘Nais’ e ‘As Mapoulas’ ) por 30 € e haberá descontos para maiores de 65 anos e para estudantes acreditados. O prezo de entrada é de 5 euros ( reducida 2.50€). 
 
O espectáculo ‘N.E.V.E.R.M.O.R.E’ ten un prezo de entrada de 8€ ( educida 6€). O espectáculo de ‘Nais’ ten un prezo entrada de 15€ e gastos de xestión (venda www.ataquilla.com) 
O público infantil e familiar tamén ten o seu oco na programación do Auditorio, o Outono Rebuldeiro que acolle espectáculos nas tardes dos domingos 16, 30 de outubro e 13 e 20 de novembro ás 18:30 horas. Estes espectáculos son de balde, pero deben reservar entradas na Casa da Cultura. 
 
domingo 16 de outubro ‘Rockeamos todas’ será o espectáculo musical que achega a Vimianzo Pakolas coa súa Ramona Órbita. 
 
Imos celebrar o Samaín na tarde do 30 de outubro coa ‘Festa malvada’ de Teatro Calavera e na que a rapazada pode acudir con disfraces. 

domingo 13 de novembro Trécola Producións presenta a peza de monicreques de fío, ‘Xogo Revolto’ na que as nenas e nenos se senten directamente identificados dende o principio e decataranse de que o seu comportamento inflúe nas persoas que os rodean. 

Os Bolechas chegarán unha vez máis a Vimianzo, nesta ocasión o 20 de novembro co espectáculo ‘O aniversario do avó’ da man do GDR Costa da Morte e financiado polo Programa FalaRedes da Secretaría de Política Lingüística da Xunta De Galicia. 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X