Concello de Vimianzo
8 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

26-09-2022

Vimianzo destaca con ‘Costa da Vida’ entre os 15 proxectos do fondo Territorio Cultura da Xunta de Galicia

O Concello de Vimianzo estivo presente hoxe na exposición dos 15 proxectos subvencionados pola Xunta ao abeiro da primeira convocatoria do fondo Territorio Cultura da Xunta de Galicia, dotada inicialmente con 630.000 euros. Entre eles atópase ‘Costa da Vida’.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, e a técnico de Cultura, Nieves Lema, participaron esta mañá na reunión co conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

O obxectivo principal de ‘Costa da Vida’ é implicar á veciñanza en xeral, e ao tecido asociativo en particular, para a dinamización sociocultural do municipio, recuperando a vida e a cohesión social dos núcleos habitados do municipio a través da cultura e dunha visión e mensaxe positivas da nosa terra e da nosa comarca.

Trátase dun proxecto diferente que chegará a todos os estamentos da sociedade vimiancesa para converterse nun elemento vertebrador e transversal, introducindo unha intensa actividade cultural con compoñentes contemporáneos na vida cultural do municipio. Consta de 18 intervencións artísticas de primeiro nivel do panorama cultural galego, con disciplinas como a música, a narración oral, o teatro e a comedia.

Galicia foi a primeira comunidade autónoma en poñer en marcha este programa, a través da súa propia convocatoria e subvencións dentro do plan para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas que contempla o Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia dos Fondos Next Generation UE.
 
 
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, agradeceu o traballo “de todas as persoas implicadas en ‘Costa da Vida’, no que reside unha vontade maiúscula para levar a cultura por todo o noso territorio e a ilusión por materializalo”, e quixo destacar “o traballo da persoa que me acompaña hoxe aquí, Nieves Lema, unha das artífices de que hoxe poidamos estar aquí”.

Pola súa banda, o conselleiro de Cultura trasladou os parabéns en nome do Goberno galego a todas as propostas polo importante labor de revitalización do rural que implican todas estas iniciativas, en liña co espírito co que se puxo en marcha este novo programa para impulsar a dinamización cultural en concellos de ata 30.000 habitantes e cunha densidades máxima de 100 habitantes por quilómetro cadrado. 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X