Concello de Vimianzo
6 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

26-09-2022

O Concello presenta o seu programa de estimulación cognitiva ‘Actívate 2022- 2023: Terapia integral para maiores de 60’

O Concello de Vimianzo dá a coñecer á veciñanza o seu programa de estimulación cognitiva ‘Actívate 2022-2023: Terapia integral para maiores de 60’, un compendio de actividades deseñado polo departamento de Servizos Sociais para traballar a memoria, as funcións executivas, orientación, praxias, linguaxe e habilidades visoespaciais para a veciñanza maior de 60 anos. Dará comezo o 17 de outubro, e finalizará o 31 de maio.

Tamén inclúe sesións de musicoterapia, actividade física adaptada, novas tecnoloxías, risoterapia e outras intervencións multidisciplinares dirixidas a incrementar a motivación das persoas usuarias e a mellorar a súa calidade de vida en xeral.

Entre os obxectivos de ‘Actívate 2022-2023’ destácase manter ou mellorar as funcións cognitivas superiores; rehabilitar e previr o deterioro cognitivo; mellorar a reserva cognitiva, factor de protección contra o desenvolvemento de síntomas cognitivos vencellados a enfermidades coma a demencia ou o Alzhéimer; detectar de xeito precoz enfermidades neurodexenerativas; promover un desempeño autónomo e funcional; mellorar o estado de ánimo e a autoestima; previr o illamento social e mellorar as relacións interpresoais.

Fundamentarase no efecto curativo e preventivo da práctica ou adestramento cognitivo, que induce á plasticidade cerebral grazas á cal o sistema nervioso pode mudar a súa estrutura e funcionamento ó longo da vida, reaccionando á diversidade da súa contorna. Este potencial adaptativo permítelle ao cerebro repoñerse a trastornos ou lesións, e permite reducir os efectos de alteracións estruturais producidas por patoloxías como o Alzhéimer.
As persoas interesadas en participar en ‘Actívate 2022-2023’ poden anotarse no departamento de Servizos Sociais do Concello de Vimianzo ou no teléfono 981 707 426.

Haberá grupos en Baíñas, Bamiro, Berdoias, Calo, Cambeda, Carantoña, Carnés, Castrelo, Cereixo, Cures, Salto, Serramo, Tines, Treos e Vimianzo, para o que se deberá acadar un mínimo de 10 persoas.

A concelleira de Benestar Social, María José Pose, reivindica “un espazo adicado á nosa veciñanza maior de 60 anos no que ademais de potenciar as interrelacións sociais poidan facer un traballo de estimulación cognitiva dun xeito lúdico acompañados e acompañadas por profesionais, un contexto fundamental para xerar sinerxias positivas entre elas e eles, feito fundamental polo cal organziamos ‘Actívate 2022-2023’”.


Baile social

O inicio do baile social que se celebrará os domingos terá lugar o vindeiro 2 de outubro de 2022 no Restaurante Pastoriza a partir das 19:00 horas.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X