Concello de Vimianzo
5 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

31-08-2022

Vimianzo continúa poñendo en valor o seu patrimonio no 7º Evento Internacional #EuSAVE que se está a celebrar en Bulgaria

O Concello de Vimianzo continúa exportando o potencial da súa riqueza material e inmaterial no 7ºEncontro Internacional #EuSAVE denominado ‘Foro internacional sobre a sustentabilidade social e o patrimonio cultural das zonas rurais’ que se está desenvolvendo estes días na cidade búlgara de Berylovo. O obxectivo prioritario desta edición é a creación de innovadoras estratexias desenvolvemento conxunto para vilas históricas, intelixentes e sustentables da Unión Europea. 

Desde este martes 30 de agosto e ata o sábado 3 de setembro, representantes de varios países europeos como España, Italia, Croacia, Bélxica, Portugal, Bulgaria, Letonia e Macedonia poñerán sobre a mesa as fortaleza e puntos a mellorar das diferente vilas históricas que os integran.

O Concello de Vimianzo, que lidera o proxecto europeo #EuSAVE – Citizens’ action for Smart Historic Villages, onde participan 40 municipios rurais de menos de 10.000 habitantes, está representado pola Axente de Desenvolvemento Local, Rosa Sánchez.

A súa función primordial será trasladar todo o potencial cultural, paisaxístico, social e económico do municipio para seguir buscando novas formas de crecemento a nivel local e europeo. Tamén será a encargada de recoller os plans de actuación doutros lugares para poder ver se terían cabida en Vimianzo e seguir poñendo en valor todo a súa riqueza.

Desde o goberno local sinalan que este novo encontro é “unha oportunidade máis para dar a coñecer o noso e para seguir medrando da man con outras vilas históricas da Unión Europea, coidando a comunicacións con outros compañeiros e compañeiras que, a pesar da distancia, comparten os nosos problemas e tamén as nosas oportunidades”.

O propósito global da iniciativa #EuSAVE – Citizens’ action for Smart Historic Villages é crear unha rede de vilas históricas europeas onde a súa cidadanía participe e se implique en diferentes iniciativas que fomenten a vida socioeconómica da localidade e que promovan accións de compromiso social definindo estratexias de desenvolvemento local baseadas nas oportunidades que ofrece o patrimonio cultural material e inmaterial deses territorios históricos como activos para o crecemento rural intelixente, sustentable e inclusivo da UE.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X