Concello de Vimianzo
5 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

27-08-2022

O Concello dá a coñecer a programación de visitas guiadas para o mes de setembro

O Concello de Vimianzo deu a coñecer esta mañá a programación de visitas guiadas para o mes de setembro.

Celebraranse en dúas quendas: do 1 ao 15 de setembro, e do 16 ao 30 do mesmo mes. O Castro das Barreiras, os dolmens, os Batáns do Mosquetín, o porto de Cereixo e o Castelo son os principais reclamos destas actividades.

Durante a primeira quenda, e de martes a venres, celebraranse ás 10:00 horas nas Barreiras; ás 11:00 no dolmen de Pedra Cuberta; ás 12:00 horas nos Batáns e ás 13:30 horas no porto de Cereixo. O Castelo de Vimianzo será escenario das visitas guiadas de setembro de martes a sábado, ás 17:00 e ás 19:00 horas, e os domingos ás 11:00 e ás 19:00 horas.

Do 16 ao 30 de setembro, celebraranse ás 10:00 horas no Castro; ás 11:00 horas en Pedra Cuberta; ás 12:00 horas nos Batáns e ás 13:30 horas no porto de Cereixo. No Castelo, serán de martes a venres ás 17:00 horas, e os sábados e os domingos ás 11:00 e ás 17:00 horas.

Terán un aforo limitado a 25 persoas por visita, e haberá que reservar praza a través do formulario dispoñible na páxina web. Para máis información, pódese chamar ao 981 71 63 54 ou enviar un correo ao enderezo turismo@vimianzo.gal.

Inscricións: https://bit.ly/3pQnZEk

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X