Concello de Vimianzo
6 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

24-08-2022

Vimianzo e Laxe acordan reunirse coa Dirección Xeral de Patrimonio para coñecer os pormenores do Plan Xeral dos Penedos de Pasarela e Traba

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e o seu homólogo en Laxe, José Luis Pérez Añón, reuníronse esta mañá no Consistorio vimiancés para abordar a situación desta paisaxe natural protexida. Tamén acudiron Raquel Lema, concelleira de Cultura do Concello de Laxe; María José Pose, concelleira de Benestar do Concello de Vimianzo e Víctor Santos, técnico da Administración soneirá.

A Xunta de Galicia anunciou a mediados de agosto o inicio do Plan de Xestión deste espazo natural e paisaxístico, que aínda non conta coa pertinente comunicación oficial a ambas administracións.

Polo tanto, nun primeiro termo acordouse comunicar á Dirección Xeral de Patrimonio, concretamente a Belén Docampo, unha reunión formal para tratar, en primeira instancia, o fondo deste Plan de Xestión, especialmente no ámbito de limpeza, sinalización e requisitos ás propiedades privadas no caso das plantacións.

Tanto a Rodríguez como a Añón interesan os pormenores deste documento para coñecer de primeira man os modos de actuación á hora da posible homologación desta ruta, como xa levan coordinando desde hai máis dun ano para impulsar un Plan Estratéxico conxunto da Paisaxe Protexida.

Desde ambas administracións estanse a buscar fontes de financiamento para sustentar unha proposta inicial de proxecto de homologación da ruta de sendeirismo que implica tanto a Vimianzo como a Laxe, ao longo dun espazo natural e patrimonial que aproveita sendeiros tradicionais e servidumes de paso, a través das cales é posible percorrer unha dorsal que se alonga dende a Torre da Moa, pasando pola Pena Forcada, ata o Outeiro da Cachucha, con miradoiros naturais únicos sobre o Val de Traba.

Tanto a rexedora vimiancesa como o alcalde de Laxe coinciden na “plena coordinación e vontade dos Concellos de Laxe e Vimianzo á hora buscar unha solución e impulsar este plan o antes posible”, xa que “cremos nas posibilidades dun recurso que abrangue ambos municipios e que pode chegar a ser unha das referencias da Costa da Morte”.

 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X