Concello de Vimianzo
6 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

10-08-2022

A subdelegada do Goberno na Coruña explica en Vimianzo os pormenores do Bono Cultural Joven do que se beneficiarán 23.000 galegas e galegos

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, explicou hoxe en Vimianzo os pormenores da axuda coñecida como Bono Cultural Joven, un programa do que se beneficiarán 23.000 galegas e galegos nacidos e nacidas en 2004 para adquirir distintos produtos e manifestacións artísticas ata o 15 de outubro de 2022. Pode facerse a través da web www.bonoculturajoven.gob.es. O Goberno de España investirá 3,7 millóns de euros na provincia a través deste programa.

A presentación tivo lugar na Biblioteca Municipal, situada na Casa da Cultura, onde estivo presente a propia subdelegada, María Rivas; a alcaldesa, Mónica Rodríguez; a concelleira de Benestar Social, María José Pose; a concelleira de Cultura, Rosa Blanco; o concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez; o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño; a tenente de alcalde do Concello de Dumbría, María Agulleiro e o concelleiro de Deportes do Concello de Camariñas, Fabián Canosa, ademais de mozas e mozos nados no 2004 e persoas responsables de empresas do sector cultural de Vimianzo.

Un dos obxectivos principais é o apoio da cultura galega e o comercio de proximidade, por isto se impulsará unha axuda de 400 euros para consumir en todo tipo de produtos e manifestacións culturais en establecementos que estean adheridas a este programa. 

Aberto desde o pasado 25 de xullo o prazo para solicitalo, e lembramos, ata o vindeiro 15 de outubro, pódese facer o gasto en librarías, teatros, tendas de música, festivais, salas de cine, museos, e outras tendas de índole cultural. 

“Queremos que a xente nova que este ano entra na maioría de idade o faga da man da cultura, porque non se nos ocorre mellor forma de celebrar o paso á idade adulta”, sinalaba María Rivas. 

A alcaldesa de Vimianzo, pola súa banda, remarcaba a “importancia que supón contar con este tipo de axudas para a rapazada, xa que son a base do futuro da nosa sociedade e a dinamización cultural é unha parte fundamental para o pleno desenvolvemento da mesma”.

 
Datos de Galicia

Bono Cultural está aprobado para todas as persoas que cumpran 18 anos ao longo de 2022. No caso de Galicia, son 22.669 persoas: 11.678 mozas e 10.991 mozos, segundo os datos que manexa o Ministerio de Cultura e Deporte. Na provincia da Coruña son 9.346 persoas, 4.794 mozos e 4.552 mozas. Cada unha delas ten dereito a unha tarxeta prepagamento virtual ou física por valor de 400 euros. Poderá empregarse durante os 12 meses seguintes á súa concesión.

Cada persoa beneficiaria poderá destinar ata 200 euros a asistir a espectáculos de artes en vivo, patrimonio cultural e artes audiovisuais; un máximo de 100 euros a bens culturais en soporte físico, como libros ou discos e outros 100 euros o consumo dixital ou en liña. 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X