Concello de Vimianzo
5 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

01-03-2021

Presentamos a programación infantil do Auditorio da Casa da Cultura para os meses de marzo e abril

Presentamos a programación  infantil e familiar, Primavera en familia,  do Auditorio da Casa da Cultura para os meses de marzo e abril. 

Nesta Primavera en familia, abrimos as  portas do Auditorio cun protocolo COVID específico, que vai garantir a seguridade de traballadores, artistas, técnicos e do público. 

O vindeiro domingo, 7 de marzo  comeza a Primavera en Familia coa compañía  Producións Dispersas que nos achega a  Vimianzo  Tódalas marabillas do mundo. Unha montaxe protagonizada por Diego Freire e Beatriz Bravo   na que  conviven, sobre o escenario, actores, monicreques e música.
 
O  domingo 14 de marzo  a compañía Polo Correo  do vento  achéganos a Vimianzo  un   contacontos ilustrado  Coñecendo a Carvalho Calero. No Día das Letras Galegas do 2020  dedicado á figura de Ricardo Carvalho Calero,  non se puidera  desenvolver  este espectáculo  polas medidas preventivas ante a covid -19.
 
O  domingo  21 de marzo  será a quenda de Talía Teatro   co espectáculo Voa, voa!   para divulgar  e relembrar a arte de xogar coas palabras.  Con este espectáculo incentívase a  que os  nenos e nenas recuperen eses xogos da infancia e vocabulario que  empregaban as súas nais, pais pero sobre todo avoas e avós.
 
O 28 de  marzo  Culturactiva achéganos a Vimianzo o espectáculo Rosalía para conmemorar o Día de Rosalía que non se puido desenvolver en febreiro polas medidas preventivas ante a covid-19. Rosalía ofrece unha imaxe da poeta galega lonxe do tópico, como unha nena imaxinativa, divertida, rebelde e que xoga coas palabras. Nesta montaxe, os nenos e nenas descubrirán en Rosalía a unha rapaza alegre, forte e curiosa como eles/as, que vive, xoga e goza no país da infancia.
 
No mes de abril,  o domingo 11, a compañía   Teatro Calavera  achéga "Os contos da bruxa Chispum: Branca e Bruxa" con obradoiro científico.
Son contos tradicionais  versionados por tres  personaxes cunha  perspectiva igualitaria e  un divertido obradoiro científico.
 
O 25 de abril pecharase a programación co espectáculo viral  de Peter Punk Punkdemia.
O mellor clow galego presenta un espectáculo viral no que, a través de 4 Fases, amosará a súa particular visión da pandemia.
 
As representacións desta Primavera en familia ,destinadas a público familiar, serán  os  domingos ás 18:30h.
 
A entrada é de balde con reserva  na billeteira da Casa da Cultura de luns  a venres de 9:30 a 14:00 h.
 
Para o acceso ao auditorio deberá cumprirse o itinerario seguro e a obrigatoriedade de máscara hixiénica.
 
A billeteira  abre 1 hora antes do inicio do espectáculo, é moi importante que o público  chegue  a cada función con máis tempo previo do que o facía  antes,  deberán respectar as pautas de seguridade sanitaria.

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X