Concello de Vimianzo
5 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

15-09-2020

O Concello de Vimianzo presenta a programación infantil do Auditorio da Casa da Cultura para os meses de outono

O Concello de Vimianzo presenta a programación infantil e familiar, Outono Rebuldeiro, do Auditorio da Casa da Cultura para os meses de setembro, outubro e novembro.

Neste outono tan especial que precisa ser máis rebuldeiro que nunca ,abrimos as portas do Auditorio cun protocolo COVID específico, que vai garantir a seguridade de traballadores, artistas, técnicos e do público.
O vindeiro domingo, 20 de setembro comeza o Outono Rebuldeiro coa compañía Caramuxo Teatro que nos achega a Vimianzo unha adaptación do conto clásico "Xan e as fabas máxicas"nunha clave máis contemporanea, misturando o teatro de actor e monicreques, as fabas máxicas.
O domingo 11 de outubro Culturactiva achéganos a Vimianzo Pistactiva, combinado de circo galego con Isla Letriska e Sue Moreno. Gozaremos coas incribles acrobacias aéreas de Sue Moreno e co delirante espectáculo de Isla Letrisca no cal combina disciplinas de Novo Circo e clown con excentricidades e xogos.
O sábado 24 de outubro, conmemoramos o día da biblioteca con Pedro Brandariz e os seus Contos de Michos.Partindo de historias moi divertidas Brandariz artella unha auténtica sesión de “educación en valores” co autoconcepto e autoestima como ideas a transmitir.
O domingo 25 de outubro será a quenda de Raquel Queizás e o seu Xogo de Nano, espectáculo de narración oral no que Nano é unha rá moi divertida que fomenta a socialización en galego e a transmisión interxeracional da nosa lingua.
O 31 de outubro celebrase o Día das Letras Galegas dedicado á figura de Ricardo Carvalho Calero, adiado polas medidas preventivas ante a covid -19. En Vimianzo a compañía Polo Correo do vento fará unha actividade de contacontos ilustrado Coñecendo a Carvalho Calero.
O 8 de novembro Baobab chegan co espectáculo musical e teatral Ris ras para que a rapazada teña tempo de enredar, rir e bailar, No ris, ras a palabra e as brincadeiras están presentes para levarnos á tradición oral galega.
O 22 de novembro pecharase a programación co espectáculo familiar Tódalas maravillas do mundo de Producións Dispersas. Unha montaxe protagonizada por Diego Freire e Beatriz Bravo na que conviven, sobre o escenario, actores, monicreques e música.
Ademais dentro do programa Ler conta moito hai programadas actuacións destinadas ao alumnado dos centros de ensino do concello para conmemorar o día da Biblioteca, os 20 e 21 de outubro. Será a vimiancesa Soraya Lema a que nos contará as aventuras de Pedriña na montaña, nos Penedos de Pasarela.
As representacións deste #OutonoRebuldeiro,destinadas a público familiar, serán os sábados e domingos ás 18:30h.
A entrada é de balde con reserva na billeteira da Casa da Cultura de luns a venres de 9:00 a 14:00 h.
Para o acceso ao auditorio deberá cumprirse o itinerario seguro e a obrigatoriedade de máscara hixiénica.
A billeteira abre 1 hora antes do inicio do espectáculo, é moiimportante que o público chegue a cada función con máis tempo previo do que o facía antes, deberánrespectar as pautas de seguridade sanitaria.

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X