Concello de Vimianzo
8 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

01-07-2020

VIMIANZO PROMOVE AS TRADICIÓNS GALEGAS A NIVEL EUROPEO

O 2 de xullo ás 17:00 decorrerá o seminario web «O proxecto da Rede Europea de Cidades» como parte do proxecto #EuSAVE «EU Citizens’ Action for Smart Historic Villages», que está dirixido polo Concello de Vimianzo e financiado polo programa Europa cos Cidadáns, dentro da acción «Redes de Cidades». Durante este seminario web, debaterase sobre as estratexias de desenvolvemento local baseadas nas oportunidades que ofrece o patrimonio cultural material e inmaterial dos seus respectivos territorios, como recurso para o crecemento rural intelixente, sustentable e integrador da UE. O evento decorrerá a través da plataforma Zoom. As persoas interesadas poderán rexistrarse enviando un correo electrónico a: info@ssipseminario.it. 

O obxectivo do proxecto #EuSAVE é crear unha rede europea de vilas históricas intelixentes que mellore a participación dos cidadáns na vida socioeconómica das súas aldeas, definindo estratexias de desenvolvemento local e promovendo accións de compromiso social que contribúan á súa revitalización. No proxecto participan municipios e institucións de Bélxica, Bulgaria, Croacia, Italia, Letonia, Portugal e Macedonia do Norte. A duración prevista de #EuSAVE é desde o 1 de xaneiro de 2019 ata o 31 de marzo de 2021.
 
A través do proxecto, desenvolveuse unha guía e un mapa de boas prácticas sobre as iniciativas de éxito identificadas a nivel europeo, que xurdiron como sinerxías entre a innovación social e o patrimonio cultural. A Guía ten como obxectivo transferir o coñecemento destas comunidades rurais á rede europea de vilas históricas intelixentes, apoiar o intercambio de boas prácticas e promover o coñecemento, a sensibilización e a identificación das comunidades rurais europeas, coa súa historia e cultura. O Concello de Vimianzo promove as tradicións galegas mediante a Mostra de Artesanía en Vivo, a Festa do Asalto ao Castelo, o Camiño dos Faros, os Pinchos Irmandiños, a Translatio e os camiños de Santiago na Costa da Morte, e o Festival dos Eidos.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X