Concello de Vimianzo
5 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

28-05-2020

#SentirVimianzo #OmeuRecunchoFavoritoDeVimianzo

O Concello de Vimianzo  presenta a  actividade SENTIR VIMIANZO: CAL É  O TEU RECUNCHO FAVORITO DE VIMIANZO? pertencente á programación dixital   #ActívateVimianzo.

Nestes meses de confinamento  foron moitos e moitas  os-as que participaron nas actividades de  #ActívateVimianzo dende as súas casas.  Descubrimos a creatividade  artística da rapazada  vimiancesa  e foron moi importantes eses mensaxes de optimismo ante  o avance  do COVID-19 que nos achegaron para os álbums  ##VimianzoNaVentá e  os fermosos vídeos editados polos centros educativos do municipio que compartiran con toda a veciñanza  de maneira virtual.

Agora que xa puidemos saír da casa nas fases de desescalada queremos SENTIR VIMIANZO e que nos digades a todos e a todas   cal é o voso recuncho favorito de Vimianzo? Que  nos contedes cal foi o sentimento ao volver a visitar ese recuncho de Vimianzo despois de tantos días de confinamento.

Encantaríanos poder viaxar xuntos por eses recunchos e sentir Vimianzo!

Envíanos unha foto   ao correo cultura@vimianzo.gal  e  cóntanos cal é o teu rincón favorito de #Vimianzo 

#OmeuRecunchoFavoritoDevimianzo  #SentirVimianzo  #ActívateVimianzo

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X