Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

22-02-2012

A animación do entroido encheu a praza do concello

O pasado luns a xente de Vimianzo saiu á rúa para presenciar o desfile de entroido que contou coa participación de tres comparsas, oito grupos e numerosos disfraces individuais. Unha vez rematado o pasarrúas a praza do concello encheuse de xente para presenciar o concurso, onde o xurado, formado por representantes dos medios de comunicación da Costa da Morte (La Voz de Galicia, La opinón de A Coruña, Radio Nordés e quepasanacosta), terían o cometido de escoller os mellores disfraces. 
O concurso comezou cos grupos entre os que puidemos ver un cocido de carnaval, dous espantallos, o show das bonecas, os ananos Perfeutiño e Veneranda, o Señor dos Aneis, as animadoras, os ananos bailaríns e os cabezudos. A continuación foi a quenda das comparsas: a comparsa Dancetekas chegou desde A India con elefante incluído; presenciamos en directo a voda da duquesa de Alba con Alfonso Díez e o Circo Trubisquiña presentou o espectáculo Había unha vez...
Finalmente os disfraces individuais foron pasando por diante do xurado para que puidesen facer a súa valoración.
Tras unha breve pausa de dilberación, mentres puidemos degustar as filloas que estiveron facendo na praza a Asociación de Amas de Casa, o portavoz do xurado anunciou os gañadores, para que o alcalde puidese entregar os seguintes premios:

PREMIO AO MELLOR GRUPO: O SHOW DAS BONECAS (150 euros)
- PREMIO AO MELLOR GRUPO LOCAL: PERFEUTIÑO E VENERANDA (100 euros)

- PREMIO Á MELLOR COMPARSA: HABÍA UNHA VEZ... CIRCO TRUBISQUIÑA (300 euros)
- PREMIO Á MELLOR COMPARSA LOCAL: AS DANCETEKAS (200 euros)

- PREMIO AO MELLOR DISFRAZ INDIVIDUAL. TRANSFORMER (unha cea para 2 persoas nun dos restaurantes participantes nas Xornadas Vimianzo Gastronómico)
- PREMIO MELLORES DISFRACES INDIVIDUAIS INFANTÍS: unha MULLER NA VENTÁ, un pequeno QUIXOTE e unha GARDA CIVIL (un vale de 20 euros para canxear nas librerías ou xogueterías de Vimianzo) 

  

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X