Concello de Vimianzo
7 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

26-01-2019

Dous meses de teatro para adultos e para público familiar en Vimianzo

Na programación de adultos, abre a programación unha das compañías máis veteranas do teatro galego, Teatro do Noroeste que pon en escena unha adaptación de tres obras de Valle Inclán, que conflúen en Da avaricia, a Luxuria e a Morte, un espectáculo que vén de percorrer os teatros de Vigo, Ferrol, Santiago de Compostela e chega agora a Vimianzo. Outra adaptación, neste caso de Shakespeare trae Ibuprofeno Teatro, con Casa O`Rei, o rei Lear traído aos nosos días, unha compañía xa coñecida no auditorio vimiancés. Outra adaptación, neste caso dunha obra de Méndez Ferrín, chega da man de Pistacatro, en coprodución co CDG, teatro con técnicas circenses para poñer en escena Arnoia, Arnoia. O circo da casa pequena.

O 16 de febreiro vestiremos de gala o Auditorio coa Estrea do último espectáculo de Producións Teatráis Excéntricas, a comedia á que nos ten acostumados esta compañía presentará un espectáculo cómico da man de tres coñecidos contadores: Quico Cadaval, Celso Fdez. Sanmartín e Guti, son Tres vellas (polo menos).

Logo dun pequeno descanso no Auditorio para desfrutar do Entroido, con dúas citas importantes no concello vimiancés, Vimianzo o sábado 2 de marzo e Baíñas o sábado 9; volve a programación de teatro cun mes de marzo marcadamente feminino. Tres espectáculos nos que as protagonistas son coñecidas e recoñecidas actrices do panorama teatral galego, poñerán voz de muller ao Auditorio vimiancés. Malasombra porá en escena Bernarda, unha adaptación da obra de García Lorca, trasladando a acción ao 1975, un momento clave na nosa historia, con Luísa Merelas, Celia González e Sabela Arán; De Ste Xeito Producións, da man de Esther F. Carrodeguas, cóntanos unha historia dunha nai e unha filla en Loló e mamá, con Josi Lage e Stephy Llaryora sobre as táboas; e pecha o ciclo Redrum Teatro, con Invisibles, unha adaptación da novela de Motse Fajardo sobre a violencia machista, con Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez.

Os espectáculos son os sábados ás 21horas, e o prezo de entrada son 5€, coa posibilidade de adquirir un bono de 25€ para os 7 espectáculos.

Programación familiar.

Os domingos é o día reservado en Vimianzo para que se desfrute en familia do teatro, da música, dos contos. Ás 18.30h, con entrada de balde, comezamos a programación o 10 de febreiro cos contos de Bandullo Azul. A seguinte cita será o 24 de febreiro, que festexaremos o Día de Rosalía con Larraitz Urruzola e A viaxe de Rosalía. En marzo, o día 10 teremos a contadora Marta Ortiz con Mulleres de sal, un espectáculo infantil que dá voz a historias de mulleres e chegará a música de Lydia Botana, De aquí para alá, o domingo 24 de marzo. Para pechar a programación, o 7 de abril rematamos con música, monicreques e contos da man de Expresión Produccións e O libro máxico.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X