Concello de Vimianzo
19 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Servizo de madrugadores

Co servizo de madrugadores pretendemos poñer en marcha un recurso complementario, que podemos encadrar dentro das liñas de apoio á familia e conciliación da vida familiar e laboral no Concello de Vimianzo.

O programa MADRUGADORES, vai consistir na ampliación do horario de apertura do CEIP San Vicenzo de Vimianzo durante o curso escolar 2020/2021 durante todos os días lectivos do curso.

O servizo, prestarase durante os días lectivos do curso escolar na franxa anterior ás actividades docentes diarias.

Comezará a prestarse ás 7:30 horas da mañá. As nenas e os nenos poderán incorporarse o servizo a partires desa hora en función das necesidades da familia e atendendo á conciliación da vida familiar e laboral.

A última hora para incorporarse ó servizo será ás 9:00 horas.

Obxectivos

Os obxectivos que nos marcamos con este servizo de madrugadores son:
  • Dar resposta á demanda social así como ás necesidades familiares de conciliación coa vida laboral tanto das nais como dos pais do Concello de Vimianzo.
  • Planificación por parte dos responsables do programa de actividades e tarefas durante o tempo que dura o programa e axudar con isto a fomentar as relacións de convivencia e cooperación entre as nenas e os nenos que participan no mesmo.

¿A quen vai dirixido este servizo?

Alumnado do CEIP San Vicenzo de Vimianzo

As familias que desexen acollerse a este servizo, deberá cumprimentar a folla de inscrición dispoñible na Área de Benestar Social do Concello de Vimianzo ou na páxina web do concello.

Documentación

Documentación necesaria:

  • DNI dos proxenitores
  • Informe de vida laboral
  • Número de conta bancaria

+info.

Máis información na Área de Benestar Social ou no teléfono 981 707 426

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X