Xornada ERN4mob Excursión ERN4mob Proxecto ERN4mob

6º Encontro Internacional en Eslovaquia: Transferencia de Boas Prácticas para a rede ERN4mob

Participación: no encontro asistiron 17 participantes internacionais en representación das entidades socias do proxecto de España, Portugal, Italia, Polonia e Irlanda do Norte, así como 51 invitados locais, de Eslovaquia. En total, atenderon o evento 58 asistentes.

Lugar / Datas: o encontro foi organizado polo Concello de Zemplínske Hámre, socio do proxecto, en Eslovaquia, e tívose lugar do 5 ao 9 de xullo de 2017.

Descrición sucinta: o obxectivo da reunión consistiu en discutir e presentar plans sobre a implementación e transferencia de boas prácticas nas realidades locais/ rexionais dos socios do proxecto. Os socios do proxecto discutiron as posibilidades dunha futura cooperación e funcionamento da Rede. Cada un dos socios achegou a súa visión e posibles puntos de vista sobre unha cooperación para o futuro. Os participantes tamén asistiron a unha presentación do Centro de asilo de Humenné, que describiu o seu funcionamento e actividades para os solicitantes de asilo.

Parte da axenda tamén se dedicou a reunir as conclusións finais do "Pearl Tree" como plataforma de difusión. Todos os socios do proxecto acordaron utilizar esta plataforma para compartir os resultados do proxecto e do traballo común en rede. A plataforma publicarase ao final do proxecto.

O programa realizouse nas instalacións de Zemplínske Hámre, pero tamén na cidade de Humenné. Ambos os lugares daban unha visión da vida rural en Eslovaquia oriental. Parte da axenda dedicouse a coñecer áreas históricas e naturais rexionais, así como degustar comidas tradicionais ou aprender bailes tradicionais.

A próxima e última reunión será en Vimianzo, España, onde o líder do proxecto organizará un congreso final no que se presentarán todos os resultados e achados de ERN4mob de fronte ao futuro.

Concello de Vimianzo
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X