Xornada ERN4mob Excursión ERN4mob Proxecto ERN4mob

5º Encontro Internacional en Petrosino, Italia: Transferencia de Boas Prácticas para a rede ERN4mob

Participación: asistiron 20 participantes internacionais en representación das entidades socias do proxecto de España, Portugal, Irlanda do Norte, Polonia e Eslovaquia, e 45 participantes de Italia. En total, 65 participantes asistiron a este encontro internacional.

Lugar / Datas: o 5º Encontro Internacional tivo lugar en Petrosino, Italia do 7 ao 11 de marzo de 2017.

Descrición sucinta: durante os 4 días de visita, os asistentes participaron nas seguintes actividades e eventos:
  • Reunión transnacional do proxecto;
  • Conferencia con stakeholders e público obxectivo;
  • Visita a un centro de migración e entrevistas con inmigrantes;
  • Visitas de boas prácticas a algunhas granxas locais e empresas rurais nas que traballan inmigrantes;
  • Taller para a presentación do Estudo de Necesidades e Boas Prácticas identificadas;
  • Traballo en equipo internacional para identificar os servizos para implementar a Rede;
  • Mesa redonda e discusión de grupo sobre a identificación de desafíos e propostas innovadoras a implementar a través da Rede; definición da estrutura e contidos de "Pearl Tree", entregable de resultados do proxecto.
Durante a reunión transnacional do proxecto, os socios do proxecto analizaron a situación actual das actividades e o orzamento do mesmo, extraeron conclusións acerca dos resultados do presente evento internacional e tomaron decisións sobre os aspectos organizativos en canto ao próximo encontro internacional en Eslovaquia.

Parte da axenda estivo dedicada a actividades culturais por exemplo, coñecer áreas históricas e naturais rexionais, degustar comidas tradicionais e aprender bailes folclóricos.

Concello de Vimianzo
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X