Xornada ERN4mob Excursión ERN4mob Proxecto ERN4mob

3er Encontro Internacional en Portugal sobre a movilidad no rural europeo. Necesidades e retos

Participación: Asistiron 18 participantes internacionais en representación das entidades socias do proxecto de España, Reino Unido, Polonia e Eslovaquia, e 45 participantes de Portugal. En total, 63 participantes asistiron a este encontro internacional.

Lugar/ Datas: O 3er Encontro Internacional do proxecto ERN4mob tivo lugar en Alter do Chãou (Portugal) do 18 ao 22 de setembro de 2016.

Descrición sucinta: o encontro foi inaugurado oficialmente polo alcalde Joviano Vitorino quen en nome do Concello de Alter do Chãou deu a bienvenida a todos os participantes do proxecto. Logo da inauguración oficial, onde estiveron os 15 alcaldes das 15 localidades de Alto Alentejo - Alter de Chãou, Arronches, Avis, Crato, Campo Maior, Castelo de Vide, Elvas, Fronteira, Gaviãou, Marvãou, Monforte, Nisa, Ponche de Sor , Portalegre e Sousel, realizouse o acto de presentación do proxecto; durante o evento, o alcalde Joviano Vitorino invitou ao alcalde Manuel Antelo Pazos de Vimianzo (España), entidade líder do proxecto, a realizar unha presentación breve e informal de ERN4mob.

O "3er Evento Internacional sobre a movilidade laboral no rural europeo. Necesidades e retos" adicado ao papel das institucións públicas nos términos de movilidade e movilidade xuvenil tivo lugar durante un acto local en Alter do Chãou - Portugal, que axudou a difundir a información do proxecto entre a poboación. Cada socio do proxecto participou no encontro xunto con representantes dos stakeholders e dos grupos obxectivo identificados polos mesmos de forma previa ao evento.

Xunto coa reunión de coordinación do proxecto, levouse a cabo unha mesa redonda transnacional, durante a cal presentáronse algunhas das principais conclusións relacionadas coa enquisa online realizada (concretamente, resultados en España, Polonia e Irlanda do Norte). Ademais, varios paneis de experiencias foron relatados pola comunidade emigrante rumana en Alter do Chãou, así como por un inmigrante portugués en Estados Unidos que explicou a súa vida no estranxeiro. Posteriormente, desenvolveuse unha actividade "World café" coa colaboración dos participantes dos diferentes grupos obxectivo, para recoller información sobre as necesidades e desafíos, as institucións de apoio da UE e as redes e solucións de face a diminuír os retos da movilidad / migración.

Concello de Vimianzo
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X